Asif Kapadia: “En moitas ocasións, o público coñece só o final: o meu traballo é investigar a viaxe”

Cunha dilatada carreira como director de ficcións, Asif Kapadia (Hackney, 1972) mudou de xénero no ano 2010, estreando un dos mellores documentais deportivos feitos ata a data. Senna (2010) valeulle a reputación como documentalista, algo que o premio Oscar ao mellor documental que recollería no 2015 polo filme Amy, acabaría por confirmar. Na actualidade, o director pecha esta triloxía con Diego Maradona (2019), un filme que se centra na vida do astro arxentino durante a... Ler máis

CANNES 2018 EP. 1: INICIO CON ACENTO ESPAÑOL

Todos lo saben (Asghar Farhadi, 2018) Comezou onte o festival de Cannes con novas prácticas para as xornalistas. Agora os primeiros pases están reservados para membros do equipo, autoridades locais, famosas e demais asistentes típicas dunha premiere. Din dende o festival que as redes sociais xeran moito ruído antes de que as propias creadoras do filme podan ver proxectado o seu traballo e que lles parece inxusto. A industria vai antes que a crítica, está claro. Persoalmente... Ler máis

COSMOPOLIS, de David Cronenberg

A LIMUSINA DE ERIC PACKER Dentro, a caverna do demiúrgo. Fóra, un páramo habitado pola multitude, por aqueles que non son Eric Packer ou que non traballan para el. A partir desta dicotomía infranqueábel, Cosmopolis organízase arredor das sucesivas visitas de diferentes personaxes á limusina / trono / fogar do demiúrgo: a aparición de cada novo empregado disposto a renderlle obediencia ao seu amo implica, coma no teatro, un cambio de escena, de tema e de rexistro, coma... Ler máis