Indielisboa 2020 (2/2): Notas dun festival relaxado
Comentabamos xa na nosa anterior crónica do Indielisboa que foi un verdadeiro pracer poder acudir a un festival no que o cinema acontecera na gran pantalla. Por moi práctico que sexa ver filmes dende a comodidade do noso sofá; camiñar pola cidade, atoparte con vellos colegas e coñecer outros novos, estar na intimidade dunha sala ben acompañado, mais ao tempo, ti só co filme que se proxecta ante ti, iso non ten prezo. A relación que se establece co cinema non é a mesma... Ler máis
LÚA VERMELLA, de Lois Patiño
“Que paz, que horror”, escoitamos de entre o máis profundo do seu ser a un dos aldeáns sobre os que se detén a cámara de Lois Patiño avanzada a metraxe de Lúa vermella (2019), coa que regresa aos ambientes pesqueiros do rural galego nos que rodou Costa da Morte (2013). E aínda que no fondo persegue un misterio similar, suxestionado pola terrible beleza dunha contorna natural testemuña de numerosos naufraxios e traxedias ao longo da historia, no formal os seus intereses... Ler máis
Trinta Lumes, de Diana Toucedo
Non poucas películas, en ocasións as mellores, parecen edificadas de forma máis consciente ou inconsciente a partir dunha soa imaxe, dando a entender que o misterio dun momento singular pode albergar no seu fondo toda unha estrutura fílmica desenvolta durante longos anos. Trinta lumes, ópera prima da experimentada montadora e curtametraxista Diana Toucedo, arrinca amosando unha batida nocturna no medio do bosque. Nese momento non sabemos nada da devandita procura alén dun... Ler máis
MONICA DEMES: “CREO QUE COMEZAN A DAR ESPAZO PARA QUE A MULLER XOGUE UN ROL DIFERENTE NO CINEMA”
Na pasada edición do 21 Festival de Cine Internacional de Ourense unha rara avis entrou dentro da Competición Iberoamericana. Tratábase de Lilith’s awakening (2016), filme de autor e de terror dirixido por unha muller, Monica Demes, que mesturaba reivindicacións feministas e cine de vampiros dando lugar a unha das obras máis interesantes do festival. Fotografia: Daniel Gallego Comentabas no pase posterior á túa película que estiveras en Galicia hai anos facendo turismo... Ler máis