NOVOS CINEMAS 03: SECCIÓN OFICIAL

Recolle Jonás Trueba unha frase de Mekas na que o director lituano recordaba que “o mal e a fealdade cóidanse sós; son o ben e a beleza os que precisan dos nosos coidados”. Sen dúbida esa debe ser a función dos festivais e a crítica de verdadeiro valor, protexer e servir de altofalante daquelas xemas que se escapan cada ano do noso limitado radar individual. Unha necesidade crucial en tempos de consumo rápido e múltiples propostas, que pon de manifesto o valor dos... Ler máis

OS DESVELOS DA OLLADA

Na miña primeira visita ao festival de cinema documental Punto de Vista que se celebrou en Pamplona por sétimo ano consecutivo, quíxenme informar primeiro de cales eran as súas sedes, e demais detalles prácticos coma ese, para facerme unha composición do lugar. “Unha sede”, contestoume o meu amigo Joan, xa que é un punto, un punto de vista. Eu creo que as bromas non son do todo casuais. Aínda que son dúas as sedes do festival -o Palacio do condestable, aínda que... Ler máis

POLÍTICO, POÉTICO, CRIMINAL

Abriuse oficialmente esta sétima edición de Punto de Vista, Festival Internacional de Cine Documental de Navarra, coa presencia do cineasta francés Nicolas Philibert arroupando a presentación en España do seu último filme, Nénette. Durante a súa introdución, Philibert deixounos unha observación que nos vai a acompañar coma un mantra ao longo destas liñas (crónica desigual e subxectiva, irremediablemente incompleta, do visto, ouvido e sentido durante pouco máis ou... Ler máis

AS POLÍTICAS DO PERSOAL, AS POLÍTICAS DOS ‘OUTROS’

A sétima edición de Punto de Vista confirmou a este festival como unha das citas peninsulares máis relevantes do calendario cinéfilo. O equipo dirixido por Josetxo Cerdán soubo atopar ao seu público, e ano tras ano adícase a mimalo cunha sección oficial anovadora e unhas retrospectivas que cumpren a dobre función de difundir ‘clásicos invisíbeis’ e poñelos en relación cos seus paralelos temáticos. Iruña reúne durante o festival á comunidade de cineastas, investigadores... Ler máis