Ons, de Alfonso Zarauza

Situada na entrada da Ría de Pontevedra atópase a Illa de Ons. Un paraíso atlántico que contén un dos lugares máis estraños e pintorescos da nosa orografía: o Buraco do Inferno. Esta greta vertical a modo de pozo, que conecta directamente co mar, emite tenebrosos sons os días de temporal. Conta a lenda que se trata dos berros e saloucos das almas arrastradas polo demo, e para moitos non é o mar o que se atopa ao fondo da fisura, senón o mesmo Inferno. Alfonso Zarauza... Ler máis

Procesos #29 – Alfonso Zarauza

Seis anos despois da súa última longametraxe, Alfonso Zarauza (Santiago de Compostela, 1973) presenta o seu novo traballo no Festival de Cine Europeo de Sevilla. Ons céntrase nunha parella en crise, interpretada por Melania Cruz e Antonio Durán ‘Morris’, que se traslada a pasar o verán na illa titular, onde a chegada dunha estranxeira misteriosa provoca que afloren secretos e sentimentos ocultos. Con apenas 5 longametraxes ás súas costas, Zarauza conta cunha das filmografías... Ler máis

Procesos #27 – Andrés Goteira

Se hai un proxecto que está en boca de todos desde hai meses, ese é Dhogs. O filme, ópera prima de Andrés Goteira (Meira, 1983), é unha aposta radical que irrompe con violencia no cinema galego con algo rematadamente orixinal. Cadrando co día das Letras Galegas, Dhogs chega ás salas de cinema despois dun percorrido por festivais no que colleitou louvanzas e galardóns a partes iguais. Nunha entrevista falabas de que antes de Dhogs fixeras xa algunha curta. En que momento... Ler máis