CANNES DÍA 2: A FEIRA DOS MENTIREIROS
Onte con Café Society (2016), Woody Allen abría este festival cunha de mentireiros que se autoenganan a si propios e ao seu entorno para vivir máis tranquilos (ou esa é a intención inicial). Cristi Puiu inaugurou a sección oficial competitiva cunha película que pode ser mesmo máis cómica que a de Allen, pero tamén máis aceda, nas Antípodas do vitalismo fatalista-melancólico que desprenden os personaxes de Eisenberg e Stewart. En Sieranevada (2016) todo é árido,... Ler máis
EL CLUB, de Pablo Larraín
Con iluminación fría e música lenta Pablo Larraín preséntanos en menos de tres minutos os personaxes mailo escenario onde se desenvolverá este escuro filme. Un home xoga á beira do mar co seu can, unha muller frega o patio, o interior dunha lúgubre vivenda, miradas tristes, e miradas cansas. Catro sacerdotes e unha monxa viven nunha pequena casa nunha vila á beira do mar. Xa non poden exercer nas súas parroquias, e a Igrexa mantenos alí co propósito de que recen, reflexionen... Ler máis
SITGES 2013 (2/4): QUE A VERDADE NON CHE ESTRAGUE UNHA HISTORIA
“Repite unha mentira mil veces ata que se converta en realidade” Joseph Goebbels Diciamos na primeira crónica deste Sitges 2013 que o determinismo fatal apropiouse de boa parte das propostas da selección. Os dous títulos máis representativos, Only Lovers Left Alive (Jim Jarmusch, 2013) e The Congress (Ari Folman, 2013), contiñan ademais unha clara reflexión sobre os mecanismos de control social a través do poder das historias. A primeira imaxina uns vampiros,... Ler máis