As etiquetas do cine tamén van e veñen

Santoalla, de Andrew Becker & Daniel Mehrer Texto elaborado para o ‘Seminario de crítica: Voces recuperadas e novos canons’, organizado en colaboración co Play-Doc 2024. Na primavera chega sempre o Play-Doc, o festival de cine documental de Tui, que nesta edición cumpriu 20 anos de traballo divulgativo incansable e con moitos momentos importantes e inesquecibles, e sempre moi agarimoso co cinema de non ficción feito no país e coas súas equipas, que seguen alá concentrándose... Ler máis

Margarita Ledo: “Construínme a base de negacións”

© AIGI BOGA / AGA Margarita Ledo Andión contesta sempre rápido. Aos correos, ás mensaxes e ás preguntas. É unha boa conversadora. Tamén é cineasta, catedrática e membro da Real Academia Galega. Coordina o Grupo de Estudos Audiovisuais da USC, onde investiga sobre políticas de comunicación e cultura, entre outras moitas cousas. Margarita escribía poesía. Tivo que exiliarse a Portugal pola súa militancia. Botou a andar a Facultade de Comunicación de Santiago. Recibiu... Ler máis

Ons, de Alfonso Zarauza

Situada na entrada da Ría de Pontevedra atópase a Illa de Ons. Un paraíso atlántico que contén un dos lugares máis estraños e pintorescos da nosa orografía: o Buraco do Inferno. Esta greta vertical a modo de pozo, que conecta directamente co mar, emite tenebrosos sons os días de temporal. Conta a lenda que se trata dos berros e saloucos das almas arrastradas polo demo, e para moitos non é o mar o que se atopa ao fondo da fisura, senón o mesmo Inferno. Alfonso Zarauza... Ler máis

Ángeles Huerta: “No íntimo, nas capas que máis doen, somos todos iguais”

Após do éxito de Esquece Monelos, que logrou tres premios nos Mestre Mateo (mellor documental, mellor dirección de fotografía e mellor montaxe), Ángeles Huerta fai fronte ao baleiro que fica logo das grandes creacións cun novo proxecto, O corpo aberto. Pouco despois de volver de Berlín, onde presentaron os primeiros pasos deste novo título, Huerta adícanos o seu tempo e conversa. “Faime moita ilusión cando me entrevistan en medios que leo”. Falamos das súas obras,... Ler máis

Procesos #20 – Miguel Mariño

 “O CINE, NOS MUSEOS, É O IRMÁN PEQUENO” Miguel Mariño (A Coruña, 1977) é un explorador. Anda polo cinema á busca de novos camiños, vieiros polos que nunca camiñara, para ver ata onde é quen de chegar. Entrou no mundo do cinema como produtor, pero non tardou en desenvolver os seus propios proxectos. En 2008 gañou un “inmerecido” Mestre Mateo á mellor obra experimental por Nemo, unha serie de micropezas sobre o proceso creativo de dez pintores galegos. A partir... Ler máis