O trio em mi bemol, de Rita Azevedo Gomes
Na década de 1950, xorde en Francia un dos máis poderosos movementos cinematográficos: a Nouvelle Vague. Os artistas desta corrente rebélanse contra as estruturas cinematográficas dominantes ata o momento e reinventan a forma de facer cinema. Son novos e dominan a vangarda do sector durante anos. Unha das súas figuras máis relevantes é Éric Rohmer, autor de obras como Ma nuit chez Maud (1969) ou Quatre Aventures de Reinette et Mirabelle (1987), a cal está composta por... Ler máis
FIDMARSEILLE 2016: GLORIOSO E DIVERSO
Patricio Guzmán, homenaxeado en FIDMarseille. Os festivais son como bestas de metal ás que lles encanta engulir celuloide. Máis de 200 cintas non é unha cantidade razoable que tragar en pouco máis dunha semana. Sen dúbida, as diferentes seccións do FIDMarseille compleméntanse entre elas, establecendo nexos ben interesantes en cada unha das nosas visitas á cidade gala, e ofrecendo diversidade para un certame que parece estar a medrar. A incorporación dunha sala como Videodrome,... Ler máis
CLOUDS OF SILS MARIA, de Olivier Assayas
Xa que no mundo real nunca sucedeu, imaxinemos que nun universo paralelo houbo un produtor/mecenas que reuniu no mesmo cuarto a dous cineastas moi distintos e lles propuxo rodar un filme a partir dunha mesma idea que cada un debería levar ao seu terreo: unha estrela cinematográfica decide afrontar a súa crise de mediana idade implicándose nun proxecto teatral que lle afectará persoalmente e fará que cuestione o seu talento, traxectoria e lugar no mundo. Esta brevísima... Ler máis
SITGES 2013 (3/4): METACINE E XÉNERO
Unha das constantes nas últimas edicións do festival de Sitges foi a maneira na que o xénero soubo reflexionar sobre si mesmo, con exercicios metacinematográficos de diversa índole, que teñen como principal intención realizar unha deconstrución narrativa e estética das películas das que beben. Este ano non foi menos, e a selección deixou unha boa nómina de propostas parecidas. Nada máis chegar ao festival, gozabamos da última delicia de Jafar Panahi. O autor iraniano... Ler máis
FICX50: SUBMISIÓN E METACINEMA
Fronte á crónica diaria, máis atropelada, un conxunto de recensións de filmes, máis que unha reflexión sobre o fai a un festival -isto é, a súa programación e, con ela, a marca persoal que deixa no espectador-, hainos quen preferimos valorar en conxunto a capacidade dun certame para producir pensamento coa súa proposta. Neste sentido, hai dúas liñas que dotan de sentido a este FICXixón 2012 -entre máis que moitos outros cronistas poderán ter identificado-. Unha... Ler máis
O TERROR BUSCA PSICANALISTA
Animada polo fetichismo da data (2012) e unha proliferación cuantiosa de películas con motivos apocalípticos na produción cinematográfica mundial do último lustro (con igual recorrencia no cinema de xénero e no de autor), o Festival Internacional de Cinema Fantástico de Catalunya que se celebra en Sitges decidiu consagrar a súa 45ª edición ao fin dos tempos. Con todo, parece que este ano a cuantiosísima colleita de cinema de terror, fantástico e arredores do certame... Ler máis