ONCE UPON A TIME IN… HOLLYWOOD, de Quentin Tarantino
Modernidade sensorial É complicado facer a touro pasado un texto sobre unha película da que correron ríos de tinta no seu pase en Cannes en maio e máis tarde na súa estrea en territorio nacional. Tres visionados completos e moitísimas lecturas posibles sobre a cinta que me deixan a sensación de non ter conseguido nin rascar a superficie dunha obra tan inabarcable. Pregunto a compañeiros con criterio sobre desde onde abordarían a miña película favorita de 2019 e a que... Ler máis
ELS DIES QUE VINDRAN, de Carlos Marqués-Marcet
© Avalon No ano 2014, o realizador catalán Carlos Marqués-Marcet presentaba a súa primeira longametraxe: 10.000 km, unha cinta sinxela pero sorprendentemente lúcida sobre unha relación de parella a distancia (baseada nunha experiencia persoal do director). A película alzouse como a gran triunfadora no Festival de Málaga dese mesmo ano, e Marqués-Marcet recibía pouco despois o premio Goya ao mellor cineasta novel, converténdose inmediatamente nun nome a seguir dentro... Ler máis
CLOUDS OF SILS MARIA, de Olivier Assayas
Xa que no mundo real nunca sucedeu, imaxinemos que nun universo paralelo houbo un produtor/mecenas que reuniu no mesmo cuarto a dous cineastas moi distintos e lles propuxo rodar un filme a partir dunha mesma idea que cada un debería levar ao seu terreo: unha estrela cinematográfica decide afrontar a súa crise de mediana idade implicándose nun proxecto teatral que lle afectará persoalmente e fará que cuestione o seu talento, traxectoria e lugar no mundo. Esta brevísima... Ler máis
THE ACT OF KILLING, de Joshua Oppenheimer, Christine Cynn & Anonymous
Masacre. Ficción. Catarse “This is not fake! This is not fake!”. Unha voz traspasa a pantalla mentres o espectador contempla unha primeira escena desconcertante que máis ben semella inspirada nun anuncio publicitario kitsch ou nunha epopea de Bollywood: unhas bailarinas de estilo balinés danzan baixo unha onírica fervenza acompañando os arrítmicos movementos dun ancián cunha túnica negra e un home travestido embutido nun traxe de abelorios azul eléctrico. O fake... Ler máis
ARQUEOLOXÍA VISUAL DO TERRITORIO
Os efectos da crise actual non se notan somentes nos mercados, senón que tamén se poden rastrexar na superficie do territorio. Nos últimos anos, as cidades do estado español, e sobre todo as súas periferias rururbanas, estanse convertendo nun ermo de ruínas a medio construír, lugares abandonados, paisaxes intermedias ou, no mellor dos casos, paisaxes banais (1). Estes espazos condensan a historia da sociedade que os produciu, unha historia que, neste caso, fala dun estado... Ler máis