O mellor de 2023
Manténdonos fieis á senda inaugurada hai tres anos, dende A Cuarta Parede volvemos propoñer o noso particular balance deste ano que remata. Intentando fuxir das clasificacións e listaxes tradicionais que buscan condensar e xerarquizar a experiencia cultural, na revista queremos abrazar a singularidade da mesma. Desta forma, convidamos aos nosos colaboradores a contribuír a un resumo libre e ecléctico do ano, alleo a restricións temporais, de formato e de xénero, no que... Ler máis
Festival de Sevilla 2021: Petiscos cinéfilos
Logo dun ano pandémico no que o Festival de Sevilla se fixo só para o público local (alén de actividades online para industria), puidemos volver ás salas nunha edición que estivo moi cargada emocionalmente, pois por fin nos viamos e tocabamos tras ano e medio comunicándonos a través de pantallas. As do cinema déronnos mostra de que a sétima arte goza de boa saúde. É esta unha crónica parcial, de visita breve, na que con todo atopamos unha concentración de xoias... Ler máis
SAN SEBASTIÁN 2016 (III): RESUMO E CRÓNICA FINAL (2/2)
III. PERLAS Ao reunir cada ano unha colección de títulos que xa chegan de Cannes, Berlín ou Venecia coa vitola de seren as citas máis importantes do ano cinematográfico, a maioría con estrea nos meses sucesivos asegurado, a sección de Perlas tende a acaparar en tódalas edicións varias das películas máis destacadas de San Sebastián. Hai incluso casos –L’avenir ou Neruda na presente edición- nos que apenas uns poucos días median entre o pase donostiarra e... Ler máis
SAN SEBASTIÁN 2016 (II): FERMOSA XUVENTUDE
Boa parte das divisións que xurdiron no recente Festival de San Sebastián contaron coa xuventude como pilar dos seus debates. A presencia no certame dun Xurado Xoven numeroso e heteroxéneo, cuxas puntuacións delatan unha ausencia xeral de aprecio cara o cine arriscado ou con certo carácter de búsqueda -títulos variopintos como La idea de un lago, Summer Lights ou La larga noche de Francisco Sanctis apenas sobrepasaron o seu aprobado- en beneficio dunha serie de filmes... Ler máis
INDIELISBOA 2015 (I/III): MIA E WHIT, OS HEROES
Félix de Givry, actor en ‘Eden’ e DJ, amenizou a noite lisboeta. Un ano máis, o Indielisboa volveu mostrar unha selección diversa, que abrangue todos os estilos do cinema independente. Da ficción máis ao uso, á que procura novas formas e se constrúe na rodaxe; do documental cos seus xéneros clásicos, ás propostas performativas máis en boga; mesmo houbo espazo para a animación máis experimental, e doutro tipo de técnicas – sen longas a destacar, iso... Ler máis
EDEN, de Mia Hansen-Løve
DAFT PUNK E TÓDOLOS DEMAIS: UN PASEO POLO FRENCH TOUCH Mia Hansen-Løve (París, 1981) comezou como actriz e crítica de cinema, mais axiña descobriu que o que realmente desexaba era ser directora. Esa decisión levouna até onde está agora: con catro longametraxes realizadas podemos dicir que Hansen-Løve ten xa un estilo moi definido e moitas cousas que contar. A última edición do Festival de Donostia incluiu na súa sección oficial o seu último filme, Eden (2014),... Ler máis
AS NOVAS DAMAS DO CINEMA INDIE DOMAN OS TIGRES DE RÓTERDAM
Entrega de premios da 41 edición do Festival Internacional de Cinema de Róterdam. Logo de nove días nos que vivín para comentar películas, hoxe vou facer algo distinto. Oito da tarde, Arcadis Zaal do centro de operacións De Doelen. Máxima expectación ante a inminente entrega do tres Tigres deste 2012 que empezou con mal pé para os certames de cinema (onte coñecía que tamén se cargaron o REC de Tarragona). Os representantes de catorce das quince delegacións na competición... Ler máis
BERTRAND BONELLO: O CINEASTA NA CORDA FROUXA
No cinema de autor francés contemporáneo poden percibirse con forza dúas correntes predominantes; por unha banda está a da beleza (herdeiros de segunda e terceira xeración da Nouvelle Vague, coma Philippe Garrel ou Mia Hansen-Løve) e por outro a da fealdade (os ‘enfants terribles’ do movemento coñecido como New French Extremely). Evidentemente, como sucede con todos os conceptos opostos, estas dúas formas de entender o cinema relaciónanse e compleméntanse... Ler máis
MIA HANSEN-LØVE: “INTENTO FACER IMPRESIONISMO MODERNO”
Para Mia Hansen-Løve (París, 1981), ter actuado na súa tardía adolescencia en dous filmes de Olivier Assayas, un dos tótems do cinema francés contemporáneo, non era suficiente. Con 21 anos, foi redactora de Cahiers du Cinéma, plantando os seus estudos de intérprete. A súa formación humanística, cun máster en filosofía alemá, semellaba dirixila cara un terreo máis teórico, o das letras, que exercería non só como crítica, senón como cineasta, anos máis tarde.... Ler máis
CRÓNICA 49 FICXIXÓN: SECCIÓN OFICIAL
O traballo do crítico está subvalorado. Desde fóra vese coma unha posición cómoda, dando a entender que dá acceso gratuíto a preestreas e pases de prensa en festivais. Pero tamén ten o seu lado malo. É un traballo máis ben solitario, que obriga a visionar cantidades inxentes de películas en tempo récord para logo escribir sobre elas, criticar o traballo alleo coa intención de informar o lector, evitándolle así pasar un mal trago (que o crítico xa padeceu) ou dar... Ler máis