X-MEN: DAYS OF FUTURE PAST, de Bryan Singer
Bryan Singer non inventou a adaptación cinematográfica do cómic superheroico (sen ir máis lonxe, antes del Richard Donner e Tim Burton xa levaran con éxito á gran pantalla a Superman e Batman), mais o seu achegamento ao universo da Patrulla-X (X-Men, 2000; X2, 2003) desmarcouse do visto até entón e sentou as bases do que debería ser o filme de superheroes canónico e moderno: conxugando o respecto cara ao material de orixe coa achega de intelixentes novidades que logo... Ler máis
12 YEARS A SLAVE, de Steve McQueen
Ao longo da súa historia, o cinema norteamericano ten manifestado en diversas ocasións o seu interese sobre a barbarie e efectos da escravitude nos EUA. Este mesmo ano asistimos á estrea de dúas películas que, de forma diametralmente oposta, abordaban a cuestión: Django Unchained (Quentin Tarantino, 2012) e Lincoln (Steven Spielberg, 2012). Agora súmase a esta listaxe a última película do cineasta británico Steve McQueen -autor das excelentes Hunger (2008) e Shame (2011).... Ler máis
SHAME, de Steve McQueen
A ELIPSE COMO ESTILO DE VIDA O progreso, a grandes rasgos, encargouse de acurtar os procesos, de automatizar os tránsitos. A produtividade, o tanxible e o constatable forman un imperio de recompensas rápidas que desvirtúan o esforzo para ir facéndolle oco nos museos. Basta volver a The Turin Horse, ao cinema de Tarr, para entender a fisicidade do que digo e revisar os automatismos adquiridos non só a nivel condutual senón tamén a nivel cognitivo. Godard desvelou o truco... Ler máis
AUTORÍA DE XÉNERO, COLLEITA 2010-2011
É habitual nas conversas cinéfilas escoitar que a dicotomía entre cinema de autor e de xénero está superada. Canto maior é a necesidade de evidenciar algo, menos certo adoita ser. O posmodernismo tróuxonos exercicios referenciais e metafílmicos que acabaron por converter o propio ensaio sobre o xénero nunha pegada autoral. Os Coen ou Quentin Tarantino son boa mostra disto. Pola contra, Hollywood segue xogando sobre seguro, e semella que non quere traizoar estas categorías,... Ler máis