O LUGAR DA MÚSICA

A música evoca, emociona, distrae, anima e acompaña, mais hai unha cousa que a música non pode facer: a música non se pode ver, e iso, nunha sociedade tan atrapada como a nosa polo impulso voyeur, resulta profundamente desconcertante; tanto que moitas veces pechamos os ollos cando escoitamos música, cando bailamos, para non ver ren e sentir mellor unha canción, unha melodía, un ritmo. Hai veces, no entanto, que as imaxes axudan a potenciar as sensacións que transmite... Ler máis

SETE NOTAS SOBRE OS VÍDEOS NON PROFESIONAIS DE CONCERTOS

“Durante miles de anos, a música foi a principal metáfora poética para aquelo que non podía ser preservado. A música esvaece tan pronto como é interpretada.” Walter Murch [1] “Filmar, enfocar, visionar, rexistrar os movementos da vida e da miña vida: todos estamos a un paso de ser directores e actores de cine, case a un nivel profesional. O banal, o anecdótico, as grandes catástrofes, os concertos, os actos de violencia son hoxe filmados polos actores da súa propia... Ler máis