QUE FOI DAS SALAS DE VERSIÓN ORIXINAL?
A utopía cinéfila consiste en ter unha sala que programe cinema en versión orixinal á volta da esquina, mais esa pantasía está cada vez máis lonxe da realidade. O peche da distribuidora Alta Films, emparellado co declive dos Cinemas Renoir, explicitou nesta pasada primavera a fraxilidade do sector. No mesmo día no que se coñeceu esa noticia, nós, ilusos, comezamos a organizar un debate sobre a situación das salas en versión orixinal a nivel estatal que finalmente... Ler máis
(S8) 2013: CONDENSAR, MEDRAR
Nunha mostra na que o carácter performativo das sesións é o principal atractivo, a intervención no espazo resulta fundamental. Por iso as dúas primeiras edicións do (S8) Mostra de Cinema Periférico, celebradas no antigo cárcere d’A Coruña, tiveron algo máxico ou romántico, con certo pouso político. O pasado ano, o evento trasladouse forzosamente ao Centro Ágora, moi lonxe do centro da cidade, mal comunicado; edificio gris e sen personalidade, que restou impacto... Ler máis