MÁRGENES 2015: NOVAS FORMAS DE OLLAR
A cotío a programación dos festivais máis alternativos prestan atención a filmes que buscan novas olladas ante o coñecido. É o caso de Márgenes. Se ben os filmes seleccionados na Sección Oficial son singulares e diferentes entre si, existe unha certa tendencia entre todos eles a estudar o espazo, a cidade, a través do cine. Desde a inmensidade da cidade de Los Ángeles ao espazo pechado que os muros de La Sombra recollen, os filmes da V edición buscan unha nova forma... Ler máis