FIC XIXÓN 2017: NOVA ETAPA (I/II)

Esta crónica será forzosamente parcial e heteroxénea, pois a nosa visita a Xixón deunos para ver algúns filmes en só catro días, dentro dunha selección enorme que dificilmente pode abarcarse a non ser que unha se centre nunha sección en concreto. Non é o caso, tomamos petiscos de aquí e aló, vendo moi bo cine, mais sen poder establecer grandes conexións. Quizais a única clara que atopamos nunha importante colleita de cine francés este ano, foi a vontade común de... Ler máis

PUNTO DE VISTA 2016: DA PALABRA E O XESTO

Xa comentamos o pasado ano que Punto de Vista segue a ser un festival de compromiso político, escorado cara terreos de carácter máis poético dende que Oskar Alegría tomou a dirección artística. Retrospectivas como a de Margaret Tait na anterior edición, ou a de Jean-Daniel Pollet nesta ocasión, evidencian esa querenza. Pero é na sección oficial onde se toma o pulso a un certame. Comprobamos que, neste caso, existe un profundo vínculo de espírito entre esta e as paralelas. O... Ler máis

CURTAS VILA DO CONDE 2014: ALÉN DA FICCIÓN

Segunda parte da crónica que iniciamos hai uns días, centrada en propostas máis próximas á ficción o documental ou a animación. Pódese consultar aquí. Experimental, esa fronteira difusa Outro galo cantou na sección experimental. Algunhas das propostas máis rupturistas do festival tiveron aí o seu lugar, se ben moitos dos títulos eran intercambiables cos da sección oficial internacional. Tomemos por exemplo a gañadora: Hacked Circuit (Deborah Stratman, 2014). Stratman... Ler máis

FID MARSEILLE 2014: MIS EN SCÈNE

Este artigo é a continuación doutra crónica que publicamos hai uns días, separada debido á súa extensión, e que podes consultar aquí. OBSERVAR: O TRAZO DA CÁMARA As institucións psiquiátricas son un obxecto de estudo común na historia do cinema. Aí temos as totémicas Titicut Follies (Frederick Wiseman, 1967) ou San Clemente (Raymond Depardon & Sophie Ristelhueber, 1982) que, aínda a día de hoxe, semellan marcar dende discursos distintos mais complementarios,... Ler máis