CURTOCIRCUITO 2018: JESSICA SARAH RINLAND: BALEAS E BALEAS

Na última edición de Curtocircuíto, Jessica Sarah Rinland gañaba o premio á mellor película da sección Explora con Ý Berá – Aguas de Luz. A categoría, cuxos xurados premiaran no pasado a nomes coma Tomonari Nishikawa ou Sebastian Mez, apostaba agora por unha cineasta presente en anteriores edicións de Curtocircuíto e cuxa obra adquirira un prestixio crecente tras o seu paso por festivais e despois de colaborar con institucións como o M.I.T, Harvard, a Locarno Filmmaker’s... Ler máis

OS FILMES CON MÁIS POUSO DO FIC XIXÓN

O bo de comezar a escribir sobre un festival -e a pensalo, polo tanto- días ou semanas despois de que terminase é que as películas van, aos poucos, recolocándose na nosa memoria. E o curioso é que as que reclaman o seu espazo non sempre son as que máis nos gustaron. Deixando de lado a Sección Oficial, da que xa se encargou o meu compañeiro Pablo Gonzalez Taboada, catro foron as películas das seccións paralelas que máis me fixeron pensar desde que volvín de Xixón:... Ler máis

VIKINGLAND, de Xurxo Chirro

Vikingland (2011) é a creación dun dos axentes culturais e artistas galegos, Xurxo Chirro (A Guarda, 1973), máis activos e, de distintos xeitos, persoal e influínte, nos últimos anos. Chirro ou Xurxo González aparece avalado por unha labor teórica e de xestión, incidencia e animación cultural institucional máis que consistente (experto na obra de Manoel de Oliveira; programador e creador en 2008 dun orixinal festival, o Filminho; mente pensante activadora das medidas... Ler máis