As Neves, de Sonia Méndez
Vaia por diante, non me levo ben co coming-of-age, por un lado un enorme contedor cheo de posibilidades, pero que moi habitualmente acaba centrado na superación persoal dun protagonista adolescente con fórmulas moi estandarizadas. As exploracións dende o fantástico ou a comedia son máis ou menos frecuentes, mais fican tan lonxe do que entendemos por este subxénero, que decotío nin sequera reciben esa etiqueta. Eu asócioa a un modelo caduco e repetitivo, moi na liña indie... Ler máis
TÓDALAS MULLERES QUE COÑEZO, de Xiana do Teixeiro
Apáganse as luces da sala e na pantalla aparece a intermitente imaxe fragmentada dunha Nina Simone, vestida coas súas características cores e respostando con espontaneidade, sinceridade e poética a un entrevistador que lle pregunta “que significa ser libre”. A artista dalle un par de voltas á cuestión, mais conclúe dicindo, de xeito rotundo, que para ela ser libre é non ter medo. Así comeza Tódalas mulleres que coñezo (Xiana do Teixeiro, 2018), un perfecto entrante... Ler máis
Hamada, de Eloy Domínguez Serén
Falar do cinema de Eloy Domínguez Serén é falar dun cinema de diásporas. O seu anterior filme, Ingen Ko Pa Isen (2015) exploraba a experiencia migratoria e a aprendizaxe dunha lingua en primeira persoa. Antes, tamén se achegaba a estes outros lugares e as estas persoas desprazadas dunha ou outra forma. Jet Lag (2014) non é outra cousa que un thriller que nace da intención de documentar ese espazo misterioso e rutineiro que é a noite para un empregado dunha gasolineira. En... Ler máis
CURTOCIRCUITO 2017: TEDDY WILLIAMS, FILMAR OU FILMAR
Un ano máis Curtocircuito achega a un cineasta emerxente a posibilidade de amosar o seu cinema dentro dunha retrospectiva encadrada na sección Púlsar. Teddy Williams (Buenos Aires, 1987), galardoado na sección Cineasti del presente do Festival de Locarno, achegará a Compostela os seus traballos que xa pasaron por festivais coma Cannes ou FIDMarseille. Un cinema estraño no que a cámara adopta unha inquietude constante, un movemento eterno, que levou a Williams a ser considerado... Ler máis
SHORT STAY, de Ted Fendt
Entre os grandes acontecementos do 2016 para o cinema, o nacemento do festival Novos Cinemas ocupa unha parte importante. A cita, que celebrará a súa segunda edición no mes de xuño deste ano, convértese nun novo lugar onde poder gozar do mellor e máis independente cinema: sempre que sexa unha ópera prima. Co estímulo deste “requisito”, a cita conseguiu encher a cidade de Pontevedra de filmes da altura de Dead Slow Ahead (Mauro Herce, 2015) ou John From (João Nicolau,... Ler máis
BERLINALE (2/2): ESTIU 1993 E OUTRAS HISTORIAS FAMILIARES
A idea de comunidades resistentes xa apuntada na primeira crónica desta Berlinale 2017 circunscribiuse nalgúns casos ao ámbito estritamente familiar. O filme que conxugou estas dúas ideas de forma máis convincente foi Mr. Long (Sabu, 2017). Intento de pastiche entre o cinema de iakuzas e a comedia familiar, a historia é a dun asasino a soldo en apuros que debe refuxiarse nun barrio afastado e pobre para non chamar a atención mentres sanda as feridas provocadas nun traballo... Ler máis
RETRATOS DA CRISE CO PAÍS AO FONDO
O verán. Tempo para o lecer e o pracer, para saír da casa e saír dun mesmo, para cruzar fronteiras sen ollar atrás. Mágoa que nesta década, con máis de cinco millóns de parados no estado e un mercado laboral moi precarizado, onde o único traballo posíbel semella ser a prestación puntual de servizos, moitos teñamos que ficar na casa, sen cartos nin xeito de conseguilos, vivindo da caridade familiar e dos convites dos amigos, como lle ocorre, en parte, aos tres amigos... Ler máis
CLERMONT-FERRAND (II/III): INTERNACIONAL, BIEN SÛR
Esta crónica segue desta primeira parte. Sigue noutra dedicada á sección Labo. __________ ‘A Million Miles Away’ adapta á linguaxe cinematográfica modos de comunicación propios da mocidade. Na sección internacional, vemos a mesma diversidade, sendo a ficción imperante, fronte á animación e o documental. Neste rexistro, atopamos catro grandes vertentes, diría que bastante representativas da produción mundial de curtas, logo de pasar un ano vendo centos... Ler máis