PHANTOM THREAD, de Paul Thomas Anderson
A oitava obra de PTA, Phantom Thread (2018), é unha película estraña e espléndida. Magnificamente confusa, o seu título dio todo. Esta é unha historia tanto de fíos coma de fantasmas. Ao longo de quilómetros de seda e tafetá, revélase a relación neurótica coa creación dun prestixioso deseñador de moda no Londres da posguerra, Reynolds Woodcock (Daniel Day-Lewis), e o seu amor obsesivo coas mulleres importantes da súa vida: a súa defunta nai, a súa irmá,... Ler máis
CINEUROPA 2016: CONTRA OS ESPECTADORES CARTESIANOS
Un ano máis, e van 3 décadas, Cineuropa encheu a Rúa Nova de Santiago de Compostela de colas infinitas agardando o pase da nova de Xavier Dolan e conversas sobre os referentes bíblicos de O Ornitologo (João Pedro Rodrigues, 2016). Máis de 300 títulos nun certame imposible de abarcar na súa totalidade ao que, este ano, uniuse a sala de cinema NUMAX, que xa é a referencia do cinema en Santiago. Entre os títulos, coñecidos referentes (Eugene Green, Whit Stilman, François... Ler máis
SEFF 2014: UN PANORAMA DIVERSO
Nunha selección na que non se advirten tendencias claras nin ningunha conexión evidente entre os filmes da sección oficial, alén de ofrecer un panorama do cinema europeo de autor de 2014, preferimos facer un repaso ao palmarés e comentar outros filmes que puidemos ver na nosa estancia en Sevilla. Deberiamos comezar por Turist (Ruben Östlund, 2014), Giraldillo de Oro e mellor guión, pero dáse a casualidade de que é das que nos faltou por ver. Como consolación, si podemos... Ler máis