CHUVA É CANTORIA NA ALDEIA DOS MORTOS, de João Salaviza e Renée Nader Messora

Realidade e ficción na aldea de Pedra Branca Chuva é cantoria na aldeia dos mortos comeza co encontro á luz da lúa, diante unha fervenza no corazón do bosque, de Ihjãc coa sombra do seu pai morto, que dispara a ficción: «“Ihjãc, podes verme?”, “Non, pero podo escoitarte”, “Estaste a esquecer do meu banquete funerario. Levo un tempo deambulando só por aquí, no frío da noite. Date présa en celebralo. Só así poderei partir cara á miña aldea [dos mortos]”». Coma... Ler máis

AMAR, BEBER E CANTAR: O CINEMA EPICÚREO DE OTAR IOSSELIANI

Un dos motivos polos que coñecemos a obra de Otar Iosseliani ao sur dos Pirineos é grazas á súa conexión basca: o Donostia Zinemaldia adicoulle unha primeira retrospectiva aló polo 2001, e agora, hai pouco máis dun mes, o último Punto de Vista programou media ducia dos seus filmes, entre os que se atopaba a mediometraxe televisiva Euskadi été 1982, da que xa falamos nunha das nosas crónicas dese festival. A inclusión desta peza no ciclo Chez les Basques serviu para... Ler máis

FIGURAS NA PAISAXE: CINEMA NARRATIVO E TOPOFILIA

Ler este artigo na súa versión orixinal en portugués Algunhas das primeiras imaxes do cinema foron do mundo natural en movemento, escenas de rúa e vistas de temas topográficos. Nese sentido, o cinema podería ser interpretado neses primeiros tempos case como un subproduto da industria turística ou do rexistro xeográfico. A asociación entre filme e paisaxe resulta daquela evidente. Unha posíbel definición de paisaxe sería a proposta por John Brinkerhoff Jackson: “unha... Ler máis

MOONRISE KINGDOM, de Wes Anderson

Aventura contra a decepción amorosa Os dous protagonistas de Moonrise Kingdom, Sam (Jared Gilman) e Suzy (Kara Hayward), son os típicos adolescentes “andersonianos”. Os nenos nas súas películas pensan como adultos e os adultos parecen nenos solitarios e desencantados coa súa vida aos que lles falta a ilusión e valentía dos primeiros (un trazo que se cadra proceda da influenza que tanto Charles M. Shultz como Bill Melendez -o creador e animador de Charlie Brown- teñen... Ler máis

TABU, de Miguel Gomes

O ano cinematográfico de 2012 ficará para sempre marcado por un crocodilo melancólico, ambiguo –por veces inofensivo, outras veces mortal– e testemuña de casos amorosos imposíbeis e tráxicos. Tabu, de Miguel Gomes, comezou 2012 cunha estrea favorábel en Berlín, conquistando o prestixiado premio FIPRESCI e o premio Alfred Bauer. No discurso de aceptación deste segundo premio, Gomes ironizou sobre o feito de gañar o premio ao filme máis innovador do certame cun traballo... Ler máis

ARQUEOLOXÍA VISUAL DO TERRITORIO

Os efectos da crise actual non se notan somentes nos mercados, senón que tamén se poden rastrexar na superficie do territorio. Nos últimos anos, as cidades do estado español, e sobre todo as súas periferias rururbanas, estanse convertendo nun ermo de ruínas a medio construír, lugares abandonados, paisaxes intermedias ou, no mellor dos casos, paisaxes banais (1). Estes espazos condensan a historia da sociedade que os produciu, unha historia que, neste caso, fala dun estado... Ler máis