CLERMONT 2019: LABO(RATORIO) DIVERSO E REFRESCANTE (1/2)
Un ano máis, o festival de curtas de Clermont-Ferrand permitiunos coñecer na súa sección Labo as últimas tendencias do cine máis próximo á vangarda e á experimentación. Nunha selección ecléctica, na que colle todo o que se saia dos camiños narrativos tradicionais, atopámonos nesta edición cunha alta presenza de cine do real, na que advertimos a vontade de reflexionar sobre a creación e recepción das imaxes, alén de rexistrar a realidade mesma, unha tendencia... Ler máis
O POTENCIAL CRÍTICO DO ENSAIO AUDIOVISUAL DIXITAL
Ler este artigo na súa versión orixinal en portugués O ensaio audiovisual dixital é actualmente unha práctica cultural cunha gran diversidade de temas, métodos e contextos de utilización. Moitos ensaios teñen como obxecto o cinema, abordando un ou máis filmes, o traballo dun intérprete, ou determinada técnica cinematográfica. No entanto, o obxecto do ensaio audiovisual tamén se estende frecuentemente á relación do público con eses filmes e, en particular, ao modo... Ler máis
OF THE NORTH, de Dominic Gagnon
Novos Camiños para o Documental Etnográfico of the North, escrita coa primeira vogal en minúscula, como é expreso desexo do seu autor, aparece como un título mutilado por necesidade. Xa transcorreron 93 anos dende que Robert J. Flaherty emprendeu aquela viaxe épica partindo de Toronto cara os confíns do Círculo Polar Ártico para retratar a primitiva loita diaria contra os elementos de Nanook of the North (1922). As súas imaxes, unha vez convertidas en emblema e parte... Ler máis
(RE)DESCUBRINDO A JOHAN VAN DER KEUKEN
Agradezo antes que nada a paciencia dos directores de A Cuarta Parede con respecto a este artigo, co cal me comprometín hai xa un tempo. Ao mesmo tempo gustaríame darlles as grazas por ofrecer un espazo para reivindicar e dar a coñecer ao que considero un cineasta fundamental do século pasado no panorama europeo, e ao que, segundo a miña humilde opinión, non se lle ten tido na consideración que merecería. Mais, como todo nesta vida, esta valoración é subxectiva, porén... Ler máis
DOC LISBOA 2014: A HISTORIA VIVA DO CINEMA (I/II)
É posible que esteamos a vivir un cambio de paradigma político a nivel internacional, e non sabemos que resultados terá. Moitos cineastas parecen intuílo e, dende o rexistro urxente, están a documentar estes cambios dificilmente definibles. O ano 2014 está a ser especialmente rico neste eido, e o Doc Lisboa soubo verdadeiramente identificar este pulso. É unha tendencia que mira tamén ao pasado, pois a historia pode ensinarnos moito das turbulencias da actualidade política.... Ler máis
UN 2013 FRAGMENTARIO E PERFORMÁTICO
Que é a narrativa cinematográfica? Podemos comprender os filmes sen a influencia doutras artes, como a fotografía, a pintura ou a literatura? Dando por sentado que é imposible abstraernos por completo destas herdanzas, son moitos os teóricos do cinema que, dende a semiótica ou outros campos, intentaron establecer unha gramática para o cinema. Pensemos en Dziga Vertov e o seu cine-ollo, na caméra-stylo de Alexandre Astruc, no aparato cinematográfico de Jean-Louis Comolli,... Ler máis
DOC LISBOA 2013 (1/2): PROGRAMAR É POLÍTICA
Doc Lisboa. Un festival que conta con seis salas nas que se están a pasar filmes de maneira simultanea, e ás que aínda se lle suman actividades paralelas e outro par de espazos con proxeccións máis esporádicas. Un festival no que chegar dunha sala a outra leva unha media de 20 a 45 minutos, aínda utilizando o metro. En resumo, un verdadeiro mastodonte cinematográfico. Loxicamente, imposible ver todo, tópico que se di en case todos os certames, pero aquí non esaxeramos.... Ler máis
SHAME, de Steve McQueen
A ELIPSE COMO ESTILO DE VIDA O progreso, a grandes rasgos, encargouse de acurtar os procesos, de automatizar os tránsitos. A produtividade, o tanxible e o constatable forman un imperio de recompensas rápidas que desvirtúan o esforzo para ir facéndolle oco nos museos. Basta volver a The Turin Horse, ao cinema de Tarr, para entender a fisicidade do que digo e revisar os automatismos adquiridos non só a nivel condutual senón tamén a nivel cognitivo. Godard desvelou o truco... Ler máis