Dúo, de Meritxell Colell
A VIAXE DA CINEASTA / A VIAXE DA COREÓGRAFA En 2018 Meritxell Colell asinou unha das óperas primas españolas da tempada, Con el viento. Nesta traballou coa coreógrafa Mónica García nunha historia que a seguía dende Bos Aires, o seu lugar de traballo e residencia, ata as súas orixes nunha vila de Burgos, practicamente abandonada, á que acudía pola morte de seu pai. Alí atopábase coa súa nai e, coa axuda das súas irmás, axudábaa a vender a casa familiar. Era unha... Ler máis
CANNES 2018 EP. 2: JAIME ROSALES CONQUISTA NA QUINCENA
Jaime Rosales, unha das participacións españolas na Quincena dos Realizadores, sorprendeu cando dixo que ía filmar Petra (2018), unha sorte de traxedia grega posta ao día que contaría no elenco con Alex Brendemühl, con quen xa traballara na súa ópera prima, Las horas del día (2003), e con Bárbara Lennie como protagonista. Dende esa película inicial, tamén estreada en Cannes, o barcelonés tense caracterizado por desenvolver historias de corte social, ás veces con... Ler máis