A carón dos mortos: Un posible achegamento a Arima
Todas as personaxes de Arima (Jaione Camborda, 2019) andan á procura de algo. Camborda amósanos a faciana dunha vila pequena preto da montaña; os tellados, o ambiente húmido. Un berro racha coa melodía da escena: “Olivia!”. Unha nai, Elena, chama pola súa filla, que se perdeu. É Julia quen dá con Olivia, e xuntas agardan a que chegue a nai. Julia andaba a vagar pola vila e, despois do encontro, continúa o seu camiño ata que decide entrar nunha casa abandonada.... Ler máis
Diana Toucedo: “Quería que a cámara fose unha personaxe máis, que vivise desde dentro a historia”
A directora Diana Toucedo presentou a súa primeira longa, Trinta Lumes, no Play-Doc 2018. Despois da boa acollida en diversos festivais de importancia coma o Festival de Málaga e a Berlinale, Play-Doc sumábase ás citas onde o filme de Toucedo saía con boas críticas. Falamos coa directora sobre o proceso de creación, as influencias culturais e máis. Xa tes traxectoria gravando en Galicia. Como xorde a idea de gravar no Courel? Levaba dez anos en Barcelona e alí aprendín... Ler máis