(S8) Mostra de Cinema Periférico 2024: Á espera dunha imaxe

Turin, de Rhayne Vermette (2015) Unha casa é as ruínas dunha casa, / unha cousa ameazadora á espera dunha palabra. Ao longo da semana, mentres seguía os programas da (S8) Mostra de Cinema Periférico desde a penumbra da miña habitación —outro ano que non me puiden achegar á Coruña, outro ano que perdín a dimensión importantísima da materialidade das películas—, estiven relendo o poeta portugués Manuel António Pina. Substitúo palabra por imaxe e tomo estes versos... Ler máis

(S8) Mostra de Cinema Periférico 2023: Estrañamentos da mirada

Transitions, de Barbara Sternberg (1982) A (S8) Mostra de Cinema Periférico celebrou este ano a súa décimo cuarta edición, convidándonos unha vez máis a afastarnos do centro cara ás marxes do cinema. Alí, o xesto cinematográfico dáse case en soidade, á marxe de grandes estruturas, e cobra por iso unha liberdade maior. A periferia devén espazo de xogo, rexistro, experimentación, cunha gran variedade de propostas que, desde ópticas moi distintas, empuxan cara a un... Ler máis

Número 47

© Aigi Boga A Academia Galega do Audiovisual leva tempo promovendo a produción de ensaios e videoensaios sobre o audiovisual en lingua galega a través dos Premios María Luz Morales, que en 2022 celebraron a súa sexta edición. Ao longo destes anos, atopamos moitos nomes vinculados á revista entre os gañadores e membros do xurado deste certame. Unha sinerxía natural que facía evidente a necesidade dunha colaboración máis estreita entre A Cuarta Parede e a Academia. Por... Ler máis

(S8) Mostra de Cinema Periférico 2022: Xogos, percorridos e pestanexos

Un ano máis, a cidade da Coruña acolleu unha das mostras de cinema experimental máis valoradas de España. Dividida en diferentes sedes (Porto, Fundación Luís Seoane, Domus e Sala Palexco), a (S8) Mostra de Cinema Periférico inaugurou o verán cunha gran variedade de proxeccións e actividades concibidas en torno ao cinema en analóxico e á experimentación audiovisual. Desde A Cuarta Parede facemos un repaso dalgunhas das súas seccións e retrospectivas. AMY HALPERN Unha... Ler máis

CURTOCIRCUÍTO 2018: O MAPA E O TERRITORIO

Trees down here (Ben Rivers, 2018) Existen planos que definen o espírito da película á que pertencen. Outros que son capaces de facelo tamén coa sección do festival que os acolle. Nesta ocasión, o momento clave pertence a un fragmento de Trees Down Here (2018) de Ben Rivers, estudo dos cambios que supuxo para a vida do Churchill College pasar do illamento dos seus edificios brutalistas á integración entre o construído e a súa contorna natural, froito da recente reforma... Ler máis

O OASIS DA CRÍTICA DE CINEMA EXPERIMENTAL

Fotografía: María Meseguer Este texto é o resumo da clase que Mónica Delgado impartiu no I Seminario de Crítica Experimental. “O golpe fresco de Wavelenght, de Michael Snow, estaba en ver a tantos novos actores -luz e espazo, paredes, ventás en aumento, e un número sorprendente de variacións de cor e sombra que viven e morren nos vidros das fiestras- volverse compoñentes estéticos principais da experiencia cinematográfica”1, dixo Manny Farber, en ArtForum en 1970,... Ler máis

Procesos #25 – CGAI

Situado no corazón da cidade herculina, o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) compatibiliza o traballo de exhibición do cinema actual máis destacable con ciclos de cinema clásico. A sala, lugar de culto para os cinéfilos galegos, é tamén o escenario de citas como a Mostra de Cinema Periférico (S8) e o sitio onde o público ten a ocasión de coñecer a directores coma Albert Serra, Carla Simón ou Pedro Costa. No pasado 2016, o CGAI cumpriu 25 anos nun momento marcado... Ler máis

O CINEMA DE MARCOS NINE

 “SE ENTENDES AS CLAVES DA REALIDADE, SERÁ A TÚA ALIADA PARA CONTAR O QUE QUERES” ·  Marcos Nine (Illa de Arousa, 1977) é un tipo que esquiva as etiquetaxes. Escribiu guións para as series Mareas Vivas, Terras de Miranda e As leis de Celavella. Púxose por primeira vez detrás da cámara para relatar o desastre do Prestige en Carcamáns e, daquela, recibiu a única etiqueta que lle serve realmente, a de documentalista. No xénero do documental afondou con... Ler máis