Crónica 23 de novembro

Como se poden escribir e dirixir tres marabillosos filmes antes dos 30, e ademais ser intelixente e encantadora? Un minuto de conversa con Mia Hansen-Løve, que irradia unha enerxía e confianza inusitadas, logo de visionar Un amour de jeunesse, a súa última e excelente película, xa me alegran o día, aínda que esta estupenda experiencia vaia seguida de bodrios insoportables. Confío en que en novos intercambios de impresións nos vindeiros días me confíe o seu segredo... Ler máis

CANNES? QUE CANNES?

Hai anos en que boa parte dos asistentes ao Festival de Cannes acaban por preguntarse onde estaban as verdadeiras películas independentes. Pasou este. A sección oficial acapárana algúns dos autores máis reputados: Allen, Almodóvar, Malick, Von Trier. Si, mais, até que punto podemos considerar un filme de 30 millóns de dólares unha produción independente, máis cando, antes de comezar o festival, xa está vendido a todo o mundo? Non é só unha cuestión de orzamento,... Ler máis