Crónica 23 de novembro
Como se poden escribir e dirixir tres marabillosos filmes antes dos 30, e ademais ser intelixente e encantadora? Un minuto de conversa con Mia Hansen-Løve, que irradia unha enerxía e confianza inusitadas, logo de visionar Un amour de jeunesse, a súa última e excelente película, xa me alegran o día, aínda que esta estupenda experiencia vaia seguida de bodrios insoportables. Confío en que en novos intercambios de impresións nos vindeiros días me confíe o seu segredo... Ler máis