SI ME BORRARA EL VIENTO LO QUE YO CANTO, de David Trueba
-Una última pregunta Chicho: ¿Queda alguna revolución pendiente? -Todas, ya que ninguna de ellas se ha concluído debidamente. Semella case unha casualidade que poucas semanas despois da exhumación de Franco, Si me borrara el viento lo que yo canto (David Trueba, 2019) comece con imaxes deste enterro. Porén, lonxe dunha casualidade, isto é unha mostra do moito traballo que queda por facer en materia de memoria histórica e de recuperación do arrasado polo franquismo (aínda... Ler máis
TÓDALAS MULLERES QUE COÑEZO, de Xiana do Teixeiro
Apáganse as luces da sala e na pantalla aparece a intermitente imaxe fragmentada dunha Nina Simone, vestida coas súas características cores e respostando con espontaneidade, sinceridade e poética a un entrevistador que lle pregunta “que significa ser libre”. A artista dalle un par de voltas á cuestión, mais conclúe dicindo, de xeito rotundo, que para ela ser libre é non ter medo. Así comeza Tódalas mulleres que coñezo (Xiana do Teixeiro, 2018), un perfecto entrante... Ler máis
ÁLVARO GAGO (II/II): “É MOI DIFÍCIL FACER ALGO NOVO; TODO O QUE FACEMOS É COPIAR”
(Vén de aquí) Falabamos dos momentos nos que os actores entran nesas zonas escuras da súa mente durante o proceso da interpretación. Como dirixías ti estes momentos? Francisca e máis eu tiñamos todo ensaiado e compartiamos unha linguaxe común. Se lle tiña que dicir algo, dicíallo baixiño. Cando algo non funcionaba con algún deses momentos-da-súa-vida aos que eu lle facía referencia, probabamos con outra cousa. Sempre, con poucas palabras e de forma moi directa.... Ler máis
ÁLVARO GAGO (I/II): “FACER CINE É POLÍTICA, É HUMANIDADE, É ESPERANZA”
Matria, filme de Álvaro Gago, vén de facer historia no cinema galego tras gañar o Grande Premio á mellor curtametraxe no prestixioso festival de cinema Sundance en Utah, Estados Unidos. Non é o primeiro galardón que recibe o seu último traballo, unha cinta que narra o transcurso dun día laboral de Francisca, traballadora dunha conserveira da zona de Cambados. Unha muller sobreexplotada no seu posto de traballo e no seu fogar, que representa a unha de tantas outras mulleres... Ler máis
MARÍLIA ROCHA: “NOS MEUS FILMES HAI UNHA VONTADE CLARA DE ESTAR COAS PERSONAXES E FILMALAS”
A programación desta 22ª edición do Festival de Cinema de Ourense traía tres focos centrados en tres figuras do sur de América: Jeannete Muñoz, Mariano Llinás e Marília Rocha. Desde que comezou a nosa cobertura do festival, ollamos con interese cara a figura de Marília Rocha, directora cunha carreira curta pero intensa na que explorou a etnografía brasileira en Aboio (2005), o colonialismo portugués en Acácio (2008), a adolescencia e o corpo feminino en A falta que... Ler máis
MARÍLIA ROCHA: CATRO SÍNTOMAS DUNHA AUTORA
A chegada de Fran Gayo e a súa equipa á dirección artística ao Festival de Ourense supuxo unha renovación do seu enfoque. O que antes era un festival que pasaba desapercibido nas citas cinéfilas galegas, é hoxe un evento imperdible onde as pontes creadas entre Latinoamérica, a lusofonía e Galicia son xa feitos constatables. Podemos afirmar que o OUFF supón o punto de encontro que precisaba Galicia para ter unha rede de festivais de cinema interconectados cuxas programacións... Ler máis