WESTERN, de Valeska Grisebach
Un grupo de traballadores alemáns chega a un lugar inhóspito da fronteira entre Bulgaria e Grecia para levar a cabo as obras dunha planta hidráulica. Nunha área montañosa e practicamente despoboada, comezan a desenvolver unhas dinámicas de traballo que dalgunha maneira afectarán os poucos paisanos da zona, quen os miran con receo. Só un deles, amigo dos cabalos salvaxes da contorna, chamado “o novo” polos operarios teutóns e que recibe o alcume do “lexionario”... Ler máis
ANDRZEJ WAJDA. A GRAN POLONESA
Non semella existir no cinema contemporáneo un director cunhas raíces culturais que procedan tan claramente do século XIX coma este ‘romántico violento’, como se quixo definir o propio Andrzej Wajda. Toda a súa obra expresa un nacionalismo exacerbado que, nunha primeira etapa, se presenta baixo a forma do romanticismo. Os seus filmes emerxen así do subconsciente colectivo dun pobo, o polaco, cuxa historia foi unha invitación constante á rebelión e á loita... Ler máis