Cinco lobitos, de Alauda Ruiz de Azúa
Existe unha certa tendencia no cinema español que está aceptando, con fermosa naturalidade, que a ficción máis tradicional é tamén un espazo cómodo para as autoras de cinema (enténdase autora no sentido máis estrito da política que os Cahiers inventaron no século pasado). Unha ficción que comprende que non son necesarias as grandilocuencias e que ás veces o risco consiste en calibrar as cantidades xustas e necesarias para combinar o independente e novidoso co mainstream... Ler máis
ATRAVESADAS POLO CINEMA
Sempre Xonxa (Chano Piñeiro, 1989) A muller é un cristal atravesado por unha patria. (Lupe Gómez) Era o ano 1989 e disque nacía o cinema galego. Botando man do arquivo encontramos escenas deste parto en diferido: as Xornadas Cinegalicia 1989, celebradas no cine Fraga de Vigo. Nas imaxes, directores, produtores, actores e actrices enchen a sala. Urxa, Continental e Sempre Xonxa están a piques de colocar Galiza na constelación cinematográfica da época. Tres filmes como tres... Ler máis
ALDEMAR MATÍAS: “INTENTO CREAR AS CONDICIÓNS PARA QUE A REALIDADE XURDA MENTRES FILMO”
Aldemar Matias (Manaus, 1985) é un cineasta brasileiro formado nos Baños de Cuba. A súa curtametraxe de fin de carreira, El enemigo, competiu en Sección Oficial de Visions du Réel e foi premiada no Festival de San Sebastián e en DocumentaMadrid. Tralo seu paso pola Berlinale Talents, acaba de estrear La arrancada, a súa primeira longametraxe, na sección Panorama da Berlinale. Para a túa primeira longametraxe estiveches a explorar diferentes temas, concretamente un proxecto... Ler máis
MATER AMATÍSIMA OU AS MODERNAS MEDEAS
Esta peza foi elaborada no Seminario de Crítica Experimental do (S8) Mostra de Cinema Periférico Nunha sorte de conmemoración dos seus 20 anos de carreira como cineasta nos que deu a luz outros tantos proxectos audiovisuais, María Ruido tráenos unha reflexión sobre a maternidade. Unha reflexión feminista que pon sobre a mesa a figura da mala nai, desa nai que se permite non querer ser nai e desa nai que se arrepinte delo, e como esta aceptación da maternidade fóra dos... Ler máis
LADY BIRD, de Greta Gerwig
Para unha peli indie, verse catapultada á tempada de premios é unha arma de dobre gume. Dunha banda, entra noutra liga e consegue máis atención da que xamais obtería por méritos propios, garantindo mesmo unha carreira comercial internacional. Doutra banda, corre o risco de verse reducida a unha narrativa promocional, encorsetada no oco que ocupa entre as restante candidatas, valorada só como contendente e non como entidade. Especialmente perigosa é esta dinámica para... Ler máis