CAFÉ SOCIETY, de Woody Allen
O cinema de Woody Allen leva nos últimos anos caracterizándose por unha continua revisión. Recordemos que Match Point (2005) non era senón unha volta con transfundo londiniense á trama e conflitos de Delitos y faltas (1989), ou que Si la cosa funciona (2009) contaba cun argumento moi similar ao de Poderosa Afrodita (1995) coa vea cómica de Larry David. O seu último filme, Café Society, toma prestado de Días de radio (1987) a súa coidada ambientación histórica e chiscadelas... Ler máis
Jonathan Rosenbaum: “Os cinéfilos somos coma un club secreto” (2/2)
Continúa de aquí. Hou Hsiao-Hsien e Françoise Romand Tras este paréntese no cinema mudo, que a moitos nos descolocou un pouco, Rosenbaum usou nos días próximos a identidade como fío condutor, iendo do Thompson máis íntimo á plasmación da comunidade que existe no cinema de Charles Burnett. Detívose na terceira xornada en Hou Hsiao-Hsien e Françoise Romand, dous autores que son como a noite e o día, pero que nas súas películas The Son’s Big Doll (incluída... Ler máis
CANNES DÍA 5: AS FRONTEIRAS DO XÉNERO
Tiña que chegar, moita sorte tiveramos ata agora. O sistema de castas cannois deixounos sen ver os últimos traballos de Andrea Arnold e Jim Jarmusch, así que, queridas lectoras, hoxe a crónica vai ser curta, e non haberá comentarios da oficial. Agardamos poder recuperar estes filmes noutros pases, antes do termo do festival. Fóra de competición, o punto cómico púxoo The Nice Guys (Shane Black, 2016), un filme na liña das deconstrucións autoconscientes e paródicas... Ler máis
FID MARSEILLE 2014: MIS EN SCÈNE
Este artigo é a continuación doutra crónica que publicamos hai uns días, separada debido á súa extensión, e que podes consultar aquí. OBSERVAR: O TRAZO DA CÁMARA As institucións psiquiátricas son un obxecto de estudo común na historia do cinema. Aí temos as totémicas Titicut Follies (Frederick Wiseman, 1967) ou San Clemente (Raymond Depardon & Sophie Ristelhueber, 1982) que, aínda a día de hoxe, semellan marcar dende discursos distintos mais complementarios,... Ler máis
SITGES 2013 (3/4): METACINE E XÉNERO
Unha das constantes nas últimas edicións do festival de Sitges foi a maneira na que o xénero soubo reflexionar sobre si mesmo, con exercicios metacinematográficos de diversa índole, que teñen como principal intención realizar unha deconstrución narrativa e estética das películas das que beben. Este ano non foi menos, e a selección deixou unha boa nómina de propostas parecidas. Nada máis chegar ao festival, gozabamos da última delicia de Jafar Panahi. O autor iraniano... Ler máis
SITGES 2013 (1/4): WE ALL DIE IN THE END
Suponse que a función dun programador é a de xuntar títulos para producir un discurso. Atendendo a este principio básico, pódese afirmar que o equipo de Sitges tivo as cousas moi claras para trazar as liñas definitorias deste 2013. Advertimos polo menos dúas moi claras e cruzadas, e outros tantos apuntamentos que dialogan con temas de pasadas edicións. Polo rico da proposta, dividiremos a nosa cobertura deste ano en catro partes, publicadas ao longo de dúas semanas, para... Ler máis
MICHEL GAZTAMBIDE: “O XÉNERO É UNHA LUPA PARA LER A LETRA PEQUENA DA VIDA”
O pasado outubro, Michel Gaztambide impartiu con enorme éxito de asistencia unha clase maxistral de guión de cinema negro, organizada pola Asociación Galega de Guionistas (AGAG), na Fundación Novacaixagalicia de Santiago de Compostela. Con máis de vinte anos no oficio, un dos seus primeiros traballos foi con Julio Medem en Vacas, e dende entón participou en multitude de películas, sendo as máis famosas as que asinou xunto a Enrique Urbizu: La caja 507, La vida mancha... Ler máis