RETRATOS DA CRISE CO PAÍS AO FONDO

O verán. Tempo para o lecer e o pracer, para saír da casa e saír dun mesmo, para cruzar fronteiras sen ollar atrás. Mágoa que nesta década, con máis de cinco millóns de parados no estado e un mercado laboral moi precarizado, onde o único traballo posíbel semella ser a prestación puntual de servizos, moitos teñamos que ficar na casa, sen cartos nin xeito de conseguilos, vivindo da caridade familiar e dos convites dos amigos, como lle ocorre, en parte, aos tres amigos... Ler máis

MAGICAL GIRL, de Carlos Vermut

A BELEZA, A PERVERSIÓN E O SER HUMANO Cando comezou o pase de prensa no Teatro Principal de Donostia non sei cantos xornalistas agardaban a revelación que supuxo Magical Girl. Penso que poucos. Algúns iamos en plena resaca de Eden (Mia Hansen-Løve, 2014), e malia que Magical Girl prometía non decepcionar, semellaba difícil manter tan entretido ao público durante dúas horas. Logo esas dúas horas resultaron ser moi curtas, porque Magical Girl envolve, desata... Ler máis