CURTAS VILA DO CONDE 2014: ALÉN DA FICCIÓN

Segunda parte da crónica que iniciamos hai uns días, centrada en propostas máis próximas á ficción o documental ou a animación. Pódese consultar aquí. Experimental, esa fronteira difusa Outro galo cantou na sección experimental. Algunhas das propostas máis rupturistas do festival tiveron aí o seu lugar, se ben moitos dos títulos eran intercambiables cos da sección oficial internacional. Tomemos por exemplo a gañadora: Hacked Circuit (Deborah Stratman, 2014). Stratman... Ler máis

Crónica 23 de novembro

Como se poden escribir e dirixir tres marabillosos filmes antes dos 30, e ademais ser intelixente e encantadora? Un minuto de conversa con Mia Hansen-Løve, que irradia unha enerxía e confianza inusitadas, logo de visionar Un amour de jeunesse, a súa última e excelente película, xa me alegran o día, aínda que esta estupenda experiencia vaia seguida de bodrios insoportables. Confío en que en novos intercambios de impresións nos vindeiros días me confíe o seu segredo... Ler máis

AUTORÍA DE XÉNERO, COLLEITA 2010-2011

É habitual nas conversas cinéfilas escoitar que a dicotomía entre cinema de autor e de xénero está superada. Canto maior é a necesidade de evidenciar algo, menos certo adoita ser. O posmodernismo tróuxonos exercicios referenciais e metafílmicos que acabaron por converter o propio ensaio sobre o xénero nunha pegada autoral. Os Coen ou Quentin Tarantino son boa mostra disto. Pola contra, Hollywood segue xogando sobre seguro, e semella que non quere traizoar estas categorías,... Ler máis

TRES RUMBOS E…UN DESTINO?

Nos festivais de curtametraxes, é habitual acabar farto de pezas con final enxeñoso, como se ese fose o quid da cuestión. A sorpresa, a chiscadela, o chiste, van na procura dos premios, e o cinema queda de lado. Non é o caso en Curtocircuíto, que na súa última edición demostrou que hai vida máis aló da anécdota visual con caras famosas. Tampouco renunciou ao documental e á animación, ausentes habituais nestas citas, e claros protagonistas do certame compostelán.... Ler máis