FICBUEU 2023: Sección Oficial 6 — Unha sesión de contrastes
Arquitectura emocional 1959, de León Siminiani Talvez a mellor forma de abordar esta última sesión sexa pensando as súas películas desde o contraste. O amplo abanico de actitudes —cinematográficas, vitais— que reúne o programa faise patente no abismo que separa a primeira e a última proposta: empezamos o noso percorrido cos planos xerais de Arquitectura emocional 1959 (León Siminiani), onde os personaxes son apenas dúas figuras afastadas e esquemáticas, e acabámolo... Ler máis
BOYHOOD, de Richard Linklater
Entre o comercial e o autoral, o cineasta norteamericano Richard Linklater leva case tres décadas compartindo co espectador o seu concepto sobre a sétima arte. Se internacionalmente o seu recoñecemento chegaría en 1991 con Slacker (1991) –unha película experimental na que retrataba 24 horas na vida de varios personaxes da paisaxe urbanística de Austin–, para quen estas liñas escribe o seu primeiro encontro co director produciuse catro años máis tarde con Before Sunrise... Ler máis