BERLINALE (1/2): COMUNIDADE E RESISTENCIA
Ao longo de dúas crónicas, daremos conta dalgunhas das liñas advertidas nesta Berlinale 2017. A nosa visita de apenas cinco días non nos permitiu acceder a moitas películas que nos tería gustado ver, mais si identificamos na nosa breve estancia unha clara coherencia temática e de estilo no festival, alén da calidade das cintas. É ademais o certame da capital alemá un que pode presumir de ser democrático. Olas de profesionais de todo o mundo e público local por igual... Ler máis
SOBRE O NEW TURKISH CINEMA
A recente transformación da sociedade turca baséase na loita entre varias forzas e intereses. O discurso e a práctica política de Turquía caracterízanse pola polarización, o antagonismo, a normalización da violencia e os nacionalismos étnicos (turcos e kurdos). Ao mesmo tempo este período foi testigo da proliferación de organizacións políticas en contra da militarización, os nacionalismos e contra tódolos tipos de discriminación. O goberno foi desafiado por novos... Ler máis
QUE FOI DAS SALAS DE VERSIÓN ORIXINAL?
A utopía cinéfila consiste en ter unha sala que programe cinema en versión orixinal á volta da esquina, mais esa pantasía está cada vez máis lonxe da realidade. O peche da distribuidora Alta Films, emparellado co declive dos Cinemas Renoir, explicitou nesta pasada primavera a fraxilidade do sector. No mesmo día no que se coñeceu esa noticia, nós, ilusos, comezamos a organizar un debate sobre a situación das salas en versión orixinal a nivel estatal que finalmente... Ler máis