Estiu 1993, de Carla Simón
Tense escrito tanto sobre as familias como ten mudado o concepto co paso do tempo. Cada familia, e sabémolo pola experiencia propia de cada un de nós, é un mundo e, ao fin e ao cabo, “en todas as casas cócense fabas”. Estiu 1993 (Carla Simón, 2017) é un fermoso traballo arredor da reconstrución da familia despois da morte dalguén. Reconstrución que ten o centro en Frida, unha nena orfa que terá que aprender a chamar aos seus tíos, pais. O filme de Carla Simón consegue... Ler máis
QUE FOI DAS SALAS DE VERSIÓN ORIXINAL?
A utopía cinéfila consiste en ter unha sala que programe cinema en versión orixinal á volta da esquina, mais esa pantasía está cada vez máis lonxe da realidade. O peche da distribuidora Alta Films, emparellado co declive dos Cinemas Renoir, explicitou nesta pasada primavera a fraxilidade do sector. No mesmo día no que se coñeceu esa noticia, nós, ilusos, comezamos a organizar un debate sobre a situación das salas en versión orixinal a nivel estatal que finalmente... Ler máis