VINCENT MACAIGNE: “CANDO ACTÚO O MEU RITMO CARDÍACO ESTÁ EN CONEXIÓN CO DA PELÍCULA”
En 2013 Cannes acolleu a todo un novo conxunto de cineastas franceses que parecían falar con códigos moi persoais e un certo ton de sátira social do contexto histórico no que lles tocou vivir á súa xeración, a dos trinta e pico. Estas películas eran La bataille de Solférino (Justine Triet, 2013), La fille du 14 juillet (Antonin Peretjatko, 2013) e máis tarde ese ano, en Locarno, Tonnerre (Guillaume Brac, 2013). As tres, ademais de ser íntimos retratos xeracionais con... Ler máis
KEN JACOBS: “AMÉRICA É TAN DECEPCIONANTE!”
“Co 3D podes crear distorsións incríbles”. A (S8) Mostra de Cinema Periférico tense caracterizado dende os seus inicios por traer á Coruña cada ano unha lenda do cinema de vangarda. En seis edicións, a nómina deixa o listón alto: Bruce McClure, Peter Kubelka, Takahiko Iimura… En 2015, decidiron manter o nivel, dedicándolle “a retrospectiva máis ampla xamais feita en España” a Ken Jacobs, segundo el mesmo declarou no primeiro pase da mesma. Composto dun... Ler máis
INDIELISBOA 2015 (II/III): ALMAS ERRANTES, EN ESTADO DE SUSPENSIÓN
Este artigo é a continuación dunha primeira crónica que se pode consultar aquí. ‘El complejo de dinero’ comunica ben o fastío dunha burguesía perdida. Na procura dunha identidade fracturada Igual de pijos e perdidiños andan os personaxes de El complejo de dinero (2015), que Juan Rodrigáñez presentou na pasada Berlinale. Baseada na novela anarquista Der Geldkomplex de Franziska zu Reventlow, coloca a un grupo de burgueses nunha finca dun lugar indeterminado... Ler máis
FRANCES HA, de Noah Baumbach
Á PROCURA DO MEU SITIO Os catro protagonistas de Kicking and Screaming (Noah Baumbach, 1995) sufrían unha especie crise existencial xusto despois de graduarse na universidade que lles impedía cortar por completo o cordón umbilical da mocidade. A incerteza que xeraba o fin dunha etapa vital e a obrigación de comezar unha nova impulsaba os catro amigos recentemente graduados a pasarse medio ano facendo nada polo campus. Estes adolescentes salinguerianos -Grover (Josh Hamilton),... Ler máis
COSMOPOLIS, de David Cronenberg
A LIMUSINA DE ERIC PACKER Dentro, a caverna do demiúrgo. Fóra, un páramo habitado pola multitude, por aqueles que non son Eric Packer ou que non traballan para el. A partir desta dicotomía infranqueábel, Cosmopolis organízase arredor das sucesivas visitas de diferentes personaxes á limusina / trono / fogar do demiúrgo: a aparición de cada novo empregado disposto a renderlle obediencia ao seu amo implica, coma no teatro, un cambio de escena, de tema e de rexistro, coma... Ler máis