As etiquetas do cine tamén van e veñen
Santoalla, de Andrew Becker & Daniel Mehrer Texto elaborado para o ‘Seminario de crítica: Voces recuperadas e novos canons’, organizado en colaboración co Play-Doc 2024. Na primavera chega sempre o Play-Doc, o festival de cine documental de Tui, que nesta edición cumpriu 20 anos de traballo divulgativo incansable e con moitos momentos importantes e inesquecibles, e sempre moi agarimoso co cinema de non ficción feito no país e coas súas equipas, que seguen alá concentrándose... Ler máis
O gran momento do audiovisual galego
XXII Premios Mestre Mateo © Academia Galega do Audiovisual Desde fai un tempo, pregúntanme de maneira recorrente sobre o gran momento que vive o audiovisual galego. Vaia por diante que pouco importa o que eu opine; en todo caso, sempre tropecei con dificultades para dar unha resposta breve e contundente. Non son amigo de triunfalismos, sobre todo se se trata dunha reacción ante os éxitos (cómpre aquí redefinir a idea de éxito) duns poucxs. Gústame poñer en valor e celebrar... Ler máis
Todos vós sodes capitáns, de Oliver Laxe
Chían ao lonxe os paxaros, e o sol cae con forza nos rostros de varios cativos que contemplan como, fóra de cadro, un avión despega e se afasta, volvéndose cada vez máis pequeno. Un deles di que, de pecharen os ollos, poderán velo mellor. Deste xeito, e desde o comezo, Todos vós sodes capitáns (2010) pon en primeiro termo a cuestión arredor do poder da mirada, á que acompaña unha indagación sobre a pertinencia da distancia desde a que mirar. Así e todo, o debut na... Ler máis
Procesos #29 – Alfonso Zarauza
Seis anos despois da súa última longametraxe, Alfonso Zarauza (Santiago de Compostela, 1973) presenta o seu novo traballo no Festival de Cine Europeo de Sevilla. Ons céntrase nunha parella en crise, interpretada por Melania Cruz e Antonio Durán ‘Morris’, que se traslada a pasar o verán na illa titular, onde a chegada dunha estranxeira misteriosa provoca que afloren secretos e sentimentos ocultos. Con apenas 5 longametraxes ás súas costas, Zarauza conta cunha das filmografías... Ler máis
LÚA VERMELLA, de Lois Patiño
“Que paz, que horror”, escoitamos de entre o máis profundo do seu ser a un dos aldeáns sobre os que se detén a cámara de Lois Patiño avanzada a metraxe de Lúa vermella (2019), coa que regresa aos ambientes pesqueiros do rural galego nos que rodou Costa da Morte (2013). E aínda que no fondo persegue un misterio similar, suxestionado pola terrible beleza dunha contorna natural testemuña de numerosos naufraxios e traxedias ao longo da historia, no formal os seus intereses... Ler máis
NOVOS CINEMAS 03: SECCIÓN OFICIAL
Recolle Jonás Trueba unha frase de Mekas na que o director lituano recordaba que “o mal e a fealdade cóidanse sós; son o ben e a beleza os que precisan dos nosos coidados”. Sen dúbida esa debe ser a función dos festivais e a crítica de verdadeiro valor, protexer e servir de altofalante daquelas xemas que se escapan cada ano do noso limitado radar individual. Unha necesidade crucial en tempos de consumo rápido e múltiples propostas, que pon de manifesto o valor dos... Ler máis
FILMADRID 2018: MENTRES HAXA LUZ (I)
1. Prólogo Seguir de preto a curta historia dun festival, máis cando os seus primeiros pasos van paralelos no tempo ao crecemento dun mesmo como cinéfilo, permite sacar conclusións globais raramente factibles en calquera outra circunstancia. No caso de Filmadrid, se nos paramos a lembrar o espírito co que naceu nunha noite de xuño de 2015, a súa evolución ata o momento actual só pode adxectivarse cun inusual entusiasmo. Con idéntica mirada retrospectiva, podería afirmarse... Ler máis
O MAPA E O TERRITORIO
Fotografía: María Meseguer Este texto é o resumo da clase que Alberte Pagán impartiu no I Seminario de Crítica Experimental. Podes ler o texto na súa versión orixinal aquí. O meu primeiro encontro co cinema experimental aconteceu, de casualidade, na London Filmmakers’ Co-op a principios dos anos 90. E digo de casualidade porque acudín alí da man da literatura: mirando a programación cultural da cidade atopara un anuncio dunha sesión de cinema na que se incluía... Ler máis
A ESTACIÓN VIOLENTA, de Anxos Fazáns
De costas, a cámara lenta, Claudia (Nerea Barros) aproxímase a unha praia onde se unirá a catro amigos para acabar bañando os seus corpos espidos e eufóricos no mar. Considerando o que veremos despois nesta primeira longametraxe da pontevedresa Anxos Fazáns (1992), a enigmática secuencia que o abre parece extraída doutro filme, menos escuro e oposto á desolación que baña cada paso cara a nada dos seus erráticos personaxes. En realidade, este choque plasma en si a... Ler máis
Dhogs, de Andrés Goteira
Din que unha xeración dura quince anos, pero canto dura unha xeración cinematográfica? Moitas veces, desde a crítica e a academia, trátase de poñer etiquetas a todo o que vemos, especialmente se iso que vemos é algo que escapa do cotián. Así, xorde con Dhogs, e con outros filmes coetáneos, a tentación de outorgarlle un nome a estes creadores ao igual que se fixo coa xeración do Novo Cinema Galego. Mais, acaso hai un cambio de xeración? Se ben é innegable que o NCG... Ler máis