Número 49
O inicio do ano no mundo do cinema sempre está marcado pola implacable tempada de premios. Fonte inesgotable de noticias, revisións e prognósticos, estas entregas de galardóns seguen sendo un bo indicativo para medir o pulso da industria, as tendencias contemporáneas e os gustos predominantes nas distintas academias nacionais e internacionais. Lamentablemente, en moitos casos, estes eventos derivan en celebracións frívolas e endogámicas, máis preocupadas por repartir... Ler máis
Katrin Rothe: “O mundo sería un lugar mellor se todos fixésemos no traballo cousas que cremos que son boas para a sociedade”
Podes ler a entrevista orixinal en inglés aquí. A guionista, produtora e cineasta alemá Katrin Rothe foi unha das convidadas destacadas da edición 08 do Festival Internacional de Cinema de Pontevedra Novos Cinemas, que organizou a primeira retrospectiva en España dedicada á singular obra de Rothe. Ademais de proxectar algunhas das súas obras máis destacadas, como 1917 – The Real October (2017) e Johnny and Me (2023), a artista alemá impartiu unha conferencia-taller... Ler máis
Ángel Filgueira: “Un dos retos do filme foi intentar fuxir dunha imaxe máis pornográfica e así naturalizar un contido que tira moito cara ao sexual”
Ángel Filgueira pechou a oitava edición de Novos Cinemas coa estrea en Galicia da súa primeira longametraxe de ficción, Canto toco un animal, protagonizada por Lidia Veiga, Ánxela Ríos e Xulio Besteiro, e producida por Sétima, a produtora galega fundada por Anxos Fazáns e Silvia Fuentes. Explorando o traballo previo de Filgueira, incluída unha curtametraxe titulada As ondas, que serviu como experiencia previa e toma de contacto do equipo para a creación deste filme,... Ler máis
Novos Cinemas 2023: Sección Oficial
The Bride, de Myriam U. Birara O peche do ciclo de festivais galegos sempre vai da man de Pontevedra e Novos Cinemas. Nesta edición 08, que se desenvolveu entre o 12 e o 17 de decembro, achegámonos ao Teatro Principal da cidade para seguir unha programación desafiante cos marcos da linguaxe e o encadre, premisa coa que tamén xogou a Sección Oficial. Se hai un fío condutor que atravesa os filmes desta edición, este é o valor social e a transcendencia do cotián nas relacións... Ler máis
Carlos Pardo Ros: “Entendo o cine como unha forma de traballo comunitario”
O 12 de xullo de 1969, en plenos Sanfermines, un touro matou a H dunha cornada no corazón. H era o tío de Carlos Pardo Ros, e o relato, unha desas narracións familiares que se escoitan unha e outra vez até chegarnos completamente alteradas segundo a versión. Hoxe, Carlos traslada ao cine aquela noite pamplonesa para convertela nunha historia contemporánea de pantasmas e existencialismos, onde a misteriosa figura daquel home multiplícase e desvanécese na escuridade. Con... Ler máis
Eles transportan a morte, de Helena Girón e Samuel M. Delgado
Nos anteriores traballos de Helena Girón e Samuel Delgado —curtametraxes como Sin Dios ni santa María (2015) ou Plus Ultra (2017)— xa se observaban certos trazos e inquedanzas que agora podemos ver desenvolvidos na súa valente e rebelde ópera prima, que lles permitiu percorrer festivais de todo o mundo recollendo premios como os conseguidos en Venecia e Novos Cinemas (ler a nosa crónica). E así, co recoñecemento da crítica debaixo do brazo, estréase agora en máis... Ler máis
Novos Cinemas 2021: Sección Oficial
Eles transportan a morte, de Helena Girón & Samuel M. Delgado Sempre resulta estimulante achegarse a Novos Cinemas, unha cita ineludible que adoita pechar o noso calendario de festivais. Na súa sexta edición, o encontro pontevedrés non fixo máis que afianzar o espírito que o caracteriza: ofrecer un espazo humilde, coidado e comprometido coas novas voces. Unha oportunidade ideal para “tomar o pulso” ás correntes cinematográficas actuais e descubrir pequenas xoias... Ler máis
Novos Cinemas 2021: Latexos
El planeta, de Amalia Ulman Que os festivais de cine conten cunha sección competitiva como a que propón Novos Cinemas baixo o nome de Latexos debería ser de obrigado cumprimento. Por necesidade, por xustiza, para que todas esas primeiras ou segundas propostas, que poidan quedar fóra mesmo dos circuítos non tan convencionais, teñan o seu espazo. Para que poidamos escoitar novas voces que se atreven a xogar coa linguaxe e a incendiar as regras. Voces nas que non é complicado... Ler máis
Chema García Ibarra: “Traballo con ideas que son como illas, co seu principio e o seu final, e o que fago é ver se dalgunha forma poden funcionar xuntas”
Chema García Ibarra conta cunha dilatada carreira no mundo da curtametraxe. Ao longo dos últimos dez anos, o cineasta foi depurando un estilo propio e unha identidade moi peculiar, ata consagrarse e despregar todas as súas inquedanzas, preocupacións, trazos estilísticos e temas habituais na súa primeira longametraxe, Espíritu Sagrado. Despois do seu paso por festivais como Sevilla ou Locarno, onde conseguiu unha mención especial, ou Mar de Plata, onde recibiu o premio... Ler máis
Novos Cinemas 2020: Sección Oficial
l n’ y aura plus de nuit, de Eléonore Weber © Perspectivefilms O Festival Novos Cinemas de Pontevedra volveu demostrar coa súa quinta edición porque segue sendo unha das nosas citas imprescindibles. Se o ano pasado defendíamos a importancia dos festivais pequenos ante o modelo (moitas veces fagocitario) dos grandes eventos, nesta ocasión volvemos sacar o chapeu ante a resiliencia amosada por un festival que, nun ano como o que vimos de pechar, foi quen de celebrarse... Ler máis