A PORTUGUESA, de Rita Azevedo Gomes

Cando se espera moito tempo… «Esperara durante once anos ao seu esposo, durante once anos el fora amante da fama e da fantasía, agora percorría a casa e o patio e semellaba, raído pola enfermidade, moi ordinario en comparación aos mozos e os bos modais da corte. Ela non se detiña a pensar demasiado nisto, pero cansouse un pouco da vida nese país, que lle prometía o indicible.» A premisa de A portuguesa é sinxela, unha historia de espera; as palabras, de Musil. De... Ler máis

NUMAX E A CUARTA PAREDE AGASALLAN UN DVD+LIBRO DE LE LION EST MORT CE SOIR

NUMAX e A Cuarta Parede poñen en marcha un concurso para agasallar aos lectores da revista cun exemplar do DVD + Libro do filme Le lion est mort ce soir (Nobuhiro Suwa, 2017). O pack, que xa está á venda na Libraría Numax, inclúe, ademais do filme, subtitulado ao galego e castelán, unha masterclass de Nobuhiro Suwa no Festival de San Sebastián de 2017, as probas de casting de Jean-Pierre Léaud cos nenos do filme, un libro de 96 páxinas con diferentes textos do director,... Ler máis

NUMAX E A CUARTA PAREDE AGASALLAN UN DVD/BLURAY DE MIMOSAS

NUMAX e A Cuarta Parede poñen en marcha un concurso para agasallar aos lectores da revista cun exemplar do DVD/Bluray do filme Mimosas (Oliver Laxe, 2017). O filme, gañador no Festival de Cannes no Premio da Semana da Crítica e do Premio Especial do Xurado no Festival de Cine Europeo de Sevilla no 2016, sairá á venda o 13 de decembro cunha coidada edición a cargo de NUMAX. Esta contará con, ademais do filme, un caderno de rodaxe escrito polo Santiago Fillol, guionista de... Ler máis