CANNES 2018 EP. 11: NURI BILGE CEYLAN APURA AS SÚAS OPCIÓNS PARA A PALMA DE OURO
A última das películas en competición este ano foi The Wild Pear Tree (2018), do turco Nuri Bilge Ceylan, que xa gañara a Palma de Ouro e o FIPRESCI con Winter Sleep (2014) e que aquí volve presentar un serio contendente. A película fai gala unha vez máis dun ritmo pausado e sutís conversas que agochan sempre dobres sentidos, na volta dun novo escritor á súa terra logo de estudar fóra dela. Aí ten que facer fronte a un pai que está a arruinar a súa vida co xogo,... Ler máis
SOBRE O NEW TURKISH CINEMA
A recente transformación da sociedade turca baséase na loita entre varias forzas e intereses. O discurso e a práctica política de Turquía caracterízanse pola polarización, o antagonismo, a normalización da violencia e os nacionalismos étnicos (turcos e kurdos). Ao mesmo tempo este período foi testigo da proliferación de organizacións políticas en contra da militarización, os nacionalismos e contra tódolos tipos de discriminación. O goberno foi desafiado por novos... Ler máis
MUSTANG, de Deniz Gamze Ergüven
O cine turco leva máis de unha década loitando por una maior cuota de mercado no ámbito nacional, asi como tamén por un maior recoñecemento internacional. Con Nuri Bilge Ceylan e Semih Kaplanoğlu este gañou un maior seguimento a través de circuitos de festivais, nembargantes; o recoñecemento no extranxeiro de directores máis xóvenes segue a ser unha difícil tarefa. O chamado New Turkish Cinema é una nova corrente que inclúe tanto produccións comerciais e independentes... Ler máis
O ESPECTÁCULO DA VIDA
O relato vai, volve, muta, non hai xeito de tiralo da cabeza: temos a estrutura narrativa marcada a lume no pensamento, na nosa propia linguaxe. Cada vez que tentamos artellar dúas frases, dúas ideas ou mesmo dúas imaxes creamos ligazóns que, sumadas, van cara algures. Pasada a fase heroica modernista, na que os artistas exploraron os límites do discurso e da linguaxe (pensai en Beckett, pensai na dificultade de entender as súas obras e na fascinación que producen), a... Ler máis
2013. AXUSTES DE CONTAS CO PASADO
A teoría di que tódolos filmes falan, dun xeito ou doutro, do tempo no que foron filmados, mesmo se a súa trama acontece en calqueroutro período histórico. Esta consigna atravesa boa parte da colleita cinematográfica de 2013, o sexto ano de crise e depresión, un ano no que o cinema segue sen abordar de fronte este proceso malia ser moito máis consciente das pantasmas do pasado. O pasado como territorio histórico Os únicos dous filmes da nosa listaxe que semellan ter... Ler máis
O CANON DE CANNES
Cada ano, a tempada cinéfila comeza co festival de Cannes e remata cos premios Óscar: os filmes que se presentan na sección oficial do primeiro protagonizan, para ben ou para mal, moitos dos debates da tempada até que algúns deles, por pura decantación, volven ser protagonistas tamén na entrega dos Óscar. A tempada pasada respondeu exactamente a ese mecanismo, coa Palma de Ouro nominada a mellor filme nos Óscar (The Tree of Life, de Terrence Malick), mentres que o gañador... Ler máis