Nuria Giménez Lorang: “Puido comigo a fascinación polas imaxes e a tentación de poder facer con elas o que quixese”
Após un éxito que non imaxinaba cando atopou anos de filmacións caseiras entre as pertenzas do seu avó, a directora Nuria Giménez Lorang visita Pontevedra no marco do Festival Novos Cinemas, onde quedo con ela para falar sobre a súa primeira longametraxe, a recentemente estreada My Mexican Bretzel (2020), e o seu proceso de creación. De onde xorde a necesidade de manipular as imaxes das bobinas que atopa após o pasamento do seu avó? Xa de por si, a bobina como obxecto... Ler máis
Porto/Post/Doc 2020: As pegadas do noso ser (I)
Partida (2020), de Caco Ciocler O festival Porto/Post/Doc xurdiu no ano 2014 coa vontade de programar e visibilizar o documental a nivel nacional e internacional na cidade invicta. Esta edición presentouse como unha reafirmación na súa aposta pola cultura e agasallou tanto aos espectadores como aos participantes con boas novas. A causa das restricións e limitacións que afectaron ao certame, que tivo lugar entre o 20 e o 29 de novembro, habilitouse unha modalidade de visionado... Ler máis
My Mexican Bretzel, de Nuria Giménez Lorang
“Que é a realidade senón unha reconstrución continua e infinita?”, formula un descoñecido Paravadin Kanvar Kharjappali durante o transcurso de My Mexican Bretzel. A recentemente estreada ópera prima de Nuria Giménez Lorang non refuta as súas costuras fílmicas; tan só semella agochalas tras o envoltorio dun melodrama intimista, que non deixa de remitir á obra de Margerite Duras, sobre a vida dunha parella europea de clase alta entre as décadas dos 40 e 60 do século... Ler máis