A Anticrítica do Play-Doc 2022

Catro rapaces dun máster preséntanse en Tui para formarse nunhas xornadas sobre podcast, organizadas en relación co festival Play-Doc. “Malo será que nos manden facer algo sobre cine, ou?”. Non lles quedou outra que renderse ante a sétima arte e editar un produto en audio sobre as tres únicas curtas que se atreveron a ver. Sentíndolo polos afectados, estes catro iletrados da gran pantalla non quedaron sen dar a súa opinión. Autores: Alba Barreiro Núñez Andrés... Ler máis

Play-Doc 2022: O soño dunha tarde de maio

 Un día en Tui dá para moito. Case trinta graos de temperatura ambiente no exterior e outros tantos de temperatura emocional nun lugar fresco e escuro no que as nosas vidas se converten en cine ou viceversa, dán para moito máis.  E quen recibe? Pois aqueles que coma nós, adictos á emoción, decidíronse a participar no seminario de creación de podcasts, desexosos de recibir o don da elocuencia cando queren comunicar a paixón polo cine a outros seres similares. Este... Ler máis

ASCENSORES

Ascensor: Substantivo masculino. Aparello que serve para transportar persoas, en sentido vertical, dunhas plantas a outras dunha construción. No cinema e na vida, en realidade, no só os empregamos para evitar subir polas escaleiras.  Moitos ascensores pasaron a historia do cine por acoller no seu interior escenas clave de películas: o primeiro encontro de Joseph Gordon-Lewitt e Zooey Deschanel en 500 days of Summer, o secreto e tormentoso amor de Jack Lemmon por Shirley MacLaine... Ler máis

HOMO HOMINI LUPUS

En toda a figura de Werner Herzog e, por suposto, no seu cinema, podemos ver un verniz constante de inutilidades en distintas selvas e territorios salvaxes que marcan os seus filmes con Klaus Kinski ata ese pingüino nihilista de Encounters at the End of The World (2008) que se aventura cara as hostís montañas Antártidas coñecendo o seu fatal destino. Neste vía crucis fúnebre sería obrigatorio o paso por algunhas estacións como a visión dura da naturaleza que nos dá... Ler máis

GOING SOUTH: A MULLER NA ERA YOUTUBE

Esta peza foi elaborada durante o obradoiro do Seminario de Crítica Feminista que organizamos en Play-Doc, Festival Internacional de Documentais de Tui 2018 Dominic Gagnon logra con Going South (2018) que reflexionemos sobre a construción cultural do ser humano. A través dun extenso traballo de investigación das profundidades de Youtube presenta un universo a modo de puzzle no que teñen cabida todo tipo de formas de pensar. Gagnon sácanos da nosa zona de confort para amosarnos... Ler máis

GOING SOUTH, de Dominic Gagnon (II)

Esta peza foi elaborada durante o obradoiro do Seminario de Crítica Feminista que organizamos en Play-Doc, Festival Internacional de Documentais de Tui 2018 Ojalá fuese solo cine Foi o que afirmou unha das poñentes do obradoiro de crítica feminista que decorreu carón da 14 edición do Play-Doc. Como se o cinema, ou a cultura en xeral, puidese, en algún caso, independizarse da diferenza sexual. Tampouco no caso de Going South (2018), a última película de Dominic Gagnon... Ler máis

A fascinación do cotiá

Esta peza foi elaborada durante o obradoiro do Seminario de Crítica Feminista que organizamos en Play-Doc, Festival Internacional de Documentais de Tui 2018 No ano 1975 a realizadora belga Chantal Akerman logrou o impensable: que o invisible resultase esencial. Jeanne Dielman marcou un antes e un despois na historia do cinema, ofrecendo unha representación absolutamente revolucionaria da rutina cotiá e o traballo doméstico a través da ollada feminina. Máis de 40 anos despois,... Ler máis

Número 38

No 1985, Alison Bechdel publicaba en Dykes to Watch Out For o que despois sería chamado o ‘Test Bechdel’, quizais a expresión máis popular da crítica feminista dos últimos anos, sobre o que nós xa publicamos un artigo en 2014. Nesta banda deseñada enunciábanse tres simples reglas a seguir para aprobar un filme: ten que haber cando menos dúas mulleres con nome propio, que falen entre si, de algo que vaia alén dos homes. Este test, aínda que pode ser catalogado como... Ler máis

SOBRE O PASO DE ABBAS KIAROSTAMI POR BARCELONA

Case unha década despois da visita de Abbas Kiarostami a Barcelona con motivo da exposición ‘Erice – Kiarostami. Correspondencias’, o cineasta iraniano regresa á cidade aos seus setenta e catro anos para impartir un curso, inaugurar unha retrospectiva e pronunciar varias conferencias. Despois de arrincar en Bogotá, e con pretensión de estenderse a diferentes cidades do mundo, ‘Filmando en Barcelona con Abbas Kiarostami’ é un obradoiro práctico... Ler máis

CINEASTA EMERXENTE? BERLINALE TALENTS

Os festivais de cinema son unha plataforma, en moitos casos, para atopar co-produtores ou fondos para financiar un filme. A maioría de certames de clase A contan con eventos paralelos ou bolsas que facilitan a realización de películas ou, cando menos, achegan unha axuda para rematalas. A Berlinale non podía ser menos. De feito, o volume destes cursos, encontros, bolsas e demais para novos realizadores – ou profesionais en xeral, hai 12 categorías ás que presentarse –... Ler máis