First Cow, de Kelly Reichardt

© Allyson Riggs / A24 Films Un can cheira algo estraño na terra dun bosque de Oregón. A súa dona escarva coas mans e descobre dous esqueletos durmindo xuntos o soño eterno. Así comeza First Cow (2020), o último filme da directora estadounidense Kelly Reichardt. Trátase dunha adaptación da novela The Half-Life, de Jonathan Raymond, que xa traballara previamente de guionista xunto coa propia Reichardt nalgúns dos seus filmes máis destacados, como Old Joy (2006), Wendy... Ler máis

TEMPO DETIDO. ATALLOS PARA CHEGAR A KELLY REICHARDT

Cando coñecemos en 2006 a Kelly Reichardt non sabiamos que había ‘outra’ Kelly Reichardt. Old Joy, a pesar do seu título, tiña algo de novo, o nome da súa directora non nos dicía nada e moitos pensamos que se trataba dunha cineasta novel. Non estabamos totalmente equivocados. Pouco teñen que ver esas dúas cineastas que comparten nome, aínda que unha sexa consecuencia da outra: a Kelly Reichardt da súa opera prima, River of Grass (1995) parece unha cineasta... Ler máis