As etiquetas do cine tamén van e veñen
Santoalla, de Andrew Becker & Daniel Mehrer Texto elaborado para o ‘Seminario de crítica: Voces recuperadas e novos canons’, organizado en colaboración co Play-Doc 2024. Na primavera chega sempre o Play-Doc, o festival de cine documental de Tui, que nesta edición cumpriu 20 anos de traballo divulgativo incansable e con moitos momentos importantes e inesquecibles, e sempre moi agarimoso co cinema de non ficción feito no país e coas súas equipas, que seguen alá concentrándose... Ler máis
Play-Doc 2022: Cinema galego
Tatuado nos ollos levamos o pouso (Diana Toucedo, 2022) Un ano máis, o Play-Doc deu conta da diversidade do cinema galego de non ficción con propostas que ían dos retratos canónicos con entrevistas ao cinema observacional, da contemplación pictórica ao uso de actores en contextos reais, ou que chegaban mesmo á utilización de drons con obxectivos narrativos e de documentación da realidade moi específicos, lonxe da dinámica de gadget que habitualmente se aplica a este... Ler máis
16ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico: Sección Oficial
Hostal España, de Chus Domínguez e Inma Álvarez Dezaseis anos leva a MICE (Mostra Internacional de Cinema Etnográfico) sendo un dos eventos máis importantes do ano para o Museo do Pobo Galego. Por desgraza, como o ano anterior, a pandemia afectou ao seu desenvolvemento e a organización tivo que tomar novas vías para o correcto funcionamento da mesma. Desde a casa, tivemos o pracer de gozar dalgunhas das once películas que conformaron este ano a Sección Oficial. Películas... Ler máis
Todos vós sodes capitáns, de Oliver Laxe
Chían ao lonxe os paxaros, e o sol cae con forza nos rostros de varios cativos que contemplan como, fóra de cadro, un avión despega e se afasta, volvéndose cada vez máis pequeno. Un deles di que, de pecharen os ollos, poderán velo mellor. Deste xeito, e desde o comezo, Todos vós sodes capitáns (2010) pon en primeiro termo a cuestión arredor do poder da mirada, á que acompaña unha indagación sobre a pertinencia da distancia desde a que mirar. Así e todo, o debut na... Ler máis
Porto/Post/Doc 2020: As pegadas do noso ser (I)
Partida (2020), de Caco Ciocler O festival Porto/Post/Doc xurdiu no ano 2014 coa vontade de programar e visibilizar o documental a nivel nacional e internacional na cidade invicta. Esta edición presentouse como unha reafirmación na súa aposta pola cultura e agasallou tanto aos espectadores como aos participantes con boas novas. A causa das restricións e limitacións que afectaron ao certame, que tivo lugar entre o 20 e o 29 de novembro, habilitouse unha modalidade de visionado... Ler máis
LÚA VERMELLA, de Lois Patiño
“Que paz, que horror”, escoitamos de entre o máis profundo do seu ser a un dos aldeáns sobre os que se detén a cámara de Lois Patiño avanzada a metraxe de Lúa vermella (2019), coa que regresa aos ambientes pesqueiros do rural galego nos que rodou Costa da Morte (2013). E aínda que no fondo persegue un misterio similar, suxestionado pola terrible beleza dunha contorna natural testemuña de numerosos naufraxios e traxedias ao longo da historia, no formal os seus intereses... Ler máis
O QUE ARDE, de Oliver Laxe
As magnas imaxes dun bosque sendo arrasado, revestidas de tanta épica coma dor, irrompen na pantalla. Pouco despois, un expediente penal pasa de man en man nun xulgado. “Este é o pirómano?”, coméntase sen que cheguemos a ver un só rostro, antes de descubrir a mirada aflixida de quen supoñemos é ese individuo. En oito minutos de cine memorable a ritmo de Vivaldi -ese Cum dederit reaparecerá máis adiante noutro momento crave- ata que Amador chega ao pobo, punto de... Ler máis
SAN SEBASTIÁN 2019: A CABALO GAÑADOR
I. Regresar un ano máis ao Festival de San Sebastián, aínda que sexa por uns días e por tanto coa visión parcial do mesmo que impregnará estas liñas, supón para o que as asina reencontrarse con certa idea iniciática do cinema. Por moito que a bagaxe asúmase moito maior, e a programación sexa máis heteroxénea que a comezos da década, moi reforzada polo sopro de aire fresco que trouxo consigo a apertura de Tabakalera, as sensacións que espertan as maratóns á beira... Ler máis
LAS PALMAS 2019: OUTRAS FORMAS DE NARRAR
A Portuguesa (Rita Azevedo Gomes, 2018) O Festival Internacional de Cine de Las Palmas de Gran Canaria, na súa decimo novena edición, fíxose valedor daquelas películas e cineastas que sen deixar de narrar buscan novas formas de facelo. Películas conscientes de que todo filme é representación -e poden reflexionar sobre iso- pero que non deixan de crer no poder e na importancia das imaxes. Máis ou menos, neste equilibrio entre o cinema narrativo e o experimental estiveron... Ler máis
Trote, de Xacio Baño
Hai case un ano, Ángel Suanzes publicaba en A Cuarta Parede un texto no que daba conta da produción que se achegaba para o 2018 e a súa relación coa lingua. O texto tamén servía para sinalar a grande produción que se achegaba neste ano que agora remata, ano no que o cinema galego (e en galego) seguiu a loitar por un espazo nas salas de cinema. Este é o caso de Trote (Xacio Baño, 2018), un filme do que se vén falando moito desde a súa rodaxe e que xa espertou hype en... Ler máis