Cinco lobitos, de Alauda Ruiz de Azúa
Existe unha certa tendencia no cinema español que está aceptando, con fermosa naturalidade, que a ficción máis tradicional é tamén un espazo cómodo para as autoras de cinema (enténdase autora no sentido máis estrito da política que os Cahiers inventaron no século pasado). Unha ficción que comprende que non son necesarias as grandilocuencias e que ás veces o risco consiste en calibrar as cantidades xustas e necesarias para combinar o independente e novidoso co mainstream... Ler máis
Un pequeño mundo, de Laura Wandel
Un pequeño mundo, de Laura Wandel © Avalon Resulta complicado dicir algo sobre unha película que fala tan ben por si soa. Que berra tanto de forma tan silenciosa, enquistándose a lume nas veas e facéndonos arder por dentro. Vólvese case innecesario dicir nada sobre ela por medo a estragala ou ferir a súa naturalidade. Non é unha película que poidamos pensar. Non nos dá tempo. É un torrente de incerteza e medos. Todo é mentira comparado cunha soa secuencia da inmensa... Ler máis
Novos Cinemas 2021: Sección Oficial
Eles transportan a morte, de Helena Girón & Samuel M. Delgado Sempre resulta estimulante achegarse a Novos Cinemas, unha cita ineludible que adoita pechar o noso calendario de festivais. Na súa sexta edición, o encontro pontevedrés non fixo máis que afianzar o espírito que o caracteriza: ofrecer un espazo humilde, coidado e comprometido coas novas voces. Unha oportunidade ideal para “tomar o pulso” ás correntes cinematográficas actuais e descubrir pequenas xoias... Ler máis
Chema García Ibarra: “Traballo con ideas que son como illas, co seu principio e o seu final, e o que fago é ver se dalgunha forma poden funcionar xuntas”
Chema García Ibarra conta cunha dilatada carreira no mundo da curtametraxe. Ao longo dos últimos dez anos, o cineasta foi depurando un estilo propio e unha identidade moi peculiar, ata consagrarse e despregar todas as súas inquedanzas, preocupacións, trazos estilísticos e temas habituais na súa primeira longametraxe, Espíritu Sagrado. Despois do seu paso por festivais como Sevilla ou Locarno, onde conseguiu unha mención especial, ou Mar de Plata, onde recibiu o premio... Ler máis
Libertad, de Clara Roquet
© Avalon Os termos relixiosos non adoitan entrar como norma dentro do meu vocabulario habitual, pero falar desta película sen dicir, por exemplo, que é unha bendición e que ten unha pureza ilimitada e cristalina, antóllaseme complicado de base. Clara Roquet desprega en Libertad (2021), a súa primeira longametraxe como directora e guionista, unha delicada e directa caligrafía visual, cunha cámara case ausente, consciente de que non é nin necesita ser a protagonista, e... Ler máis
Tres, de Juanjo Giménez
Juanjo Giménez é un director novel que se sae da regra, non xa polos anos que ten (a idade, para min, poucas veces define algo), senón polo seu traballo na industria, o seu labor como profesor e a experiencia na curtametraxe que atesoura. Xénero que soubo espremer ao máximo, e que o levou en 2016 a ser o primeiro español en gañar a Palma de Ouro do festival de Cannes á mellor curtametraxe por Timecode, unha pequena e sutil historia sobre uns vixiantes de seguridade dun... Ler máis
MID90S, de Jonah Hill
Hai unha clase de filmes, os chamados coming of age, nos que acudimos como espectadores a un proceso de madurez, crecemento ou aprendizaxe dun protagonista que vive unha época de cambios. No caso de Mid90s (Jonah Hill, 2018), ese protagonista é Stevie, un rapaz de trece anos que vive nun barrio obreiro de Los Angeles a mediados dos anos 90. Stevie ten que lidiar no seu día a día cunha nai ausente e un irmán violento que abusa del. Interésase polo mundo do skate e atopa... Ler máis
Trinta Lumes, de Diana Toucedo
Non poucas películas, en ocasións as mellores, parecen edificadas de forma máis consciente ou inconsciente a partir dunha soa imaxe, dando a entender que o misterio dun momento singular pode albergar no seu fondo toda unha estrutura fílmica desenvolta durante longos anos. Trinta lumes, ópera prima da experimentada montadora e curtametraxista Diana Toucedo, arrinca amosando unha batida nocturna no medio do bosque. Nese momento non sabemos nada da devandita procura alén dun... Ler máis
Dhogs, de Andrés Goteira
Din que unha xeración dura quince anos, pero canto dura unha xeración cinematográfica? Moitas veces, desde a crítica e a academia, trátase de poñer etiquetas a todo o que vemos, especialmente se iso que vemos é algo que escapa do cotián. Así, xorde con Dhogs, e con outros filmes coetáneos, a tentación de outorgarlle un nome a estes creadores ao igual que se fixo coa xeración do Novo Cinema Galego. Mais, acaso hai un cambio de xeración? Se ben é innegable que o NCG... Ler máis
COLUMBUS, de :kogonada
Durante os últimos anos, a través das diversas plataformas de vídeo online e medios especializados, vense producindo unha interesante renovación do “vídeo-ensaio” como ferramenta de crítica cinematográfica. Esta evolución é o resultado da proliferación de numerosas canles e artistas que ofrecen a súa particular versión deste formato, que acadou unha considerable audiencia. Kevin B. Lee, Jacob T. Swinney, Lessons from the Screenplay (especializado en análise de... Ler máis