LADY BIRD, de Greta Gerwig
Para unha peli indie, verse catapultada á tempada de premios é unha arma de dobre gume. Dunha banda, entra noutra liga e consegue máis atención da que xamais obtería por méritos propios, garantindo mesmo unha carreira comercial internacional. Doutra banda, corre o risco de verse reducida a unha narrativa promocional, encorsetada no oco que ocupa entre as restante candidatas, valorada só como contendente e non como entidade. Especialmente perigosa é esta dinámica para... Ler máis
De periferias e linguas
Parte da equipa do filme Doentes no Festival de Málaga Hai uns anos, saíndo do pase de prensa de Doentes, de Gustavo Balza, no Festival de Málaga recollín unha conversa allea entre compañeiros xornalistas na que falaban de aquilo que eles calificaban como o “cine autonómico”. Doentes rodouse en galego, como era lóxico adaptando o texto de Vidal Bolaño, e eles amosábanse algo indignados ante aquela afrenta de ter que ver un filme que non estivera en castelán dentro... Ler máis
LUX FILM PRIZE: CINEMA E IDENTIDADE EUROPEA
© European Union 2017 – Source: EP O Parlamento Europeo vén de celebrar unha vez máis a entrega dun dos galardóns máis singulares do panorama cinematográfico actual: o LUX Film Prize, que este ano foi para a cinta sueca Sami Blood (2016), ópera prima da directora Amanda Kernell. Esta distinción, que acada xa a súa undécima edición, foi creada no ano 2007 coa intención de promover aquelas películas que amosan e poñen en valor a identidade e cultura europeas,... Ler máis