PABLO HERNANDO: “PARA MIN NON HAI NADA MÁIS BONITO QUE ESTAR DENTRO DUNHA PELÍCULA E NON ENTENDELA”
Dentro da programación de xaneiro do CGAI, Pablo Hernando (Vitoria-Gasteiz, 1986) foi convidado para presentar os filmes Esa sensación e Berserker. A súa aposta autoral mestura comedia negra e drama con toques de ciencia ficción en películas que son á par inexplicables e aditivas. Na biblioteca da filmoteca comezamos a nosa conversa falando de Carlo Padial, cuxa entrevista na revista tivo unha gran acollida nas redes sociais grazas á difusión a través do twitter do director... Ler máis
UNHA SECUENCIA. PABLO HERNANDO
RESEÑA DE ‘IMÁGENES RESISTENTES. TEMÁTICAS, NARRATIVAS Y ESTÉTICAS DEL OTRO CINE ESPAÑOL’
O Festival de Cinema Europeo de Sevilla é, posiblemente, o mellor lugar hoxe en día para estrear un filme independente dalgunha das cinematografías nacionais dentro do territorio español. Con Málaga e Donostia ollando cara un cinema de autor máis industrial, ou cando menos de orzamentos folgados, todos aqueles títulos que se sitúan na periferia do mercado contan na cidade andaluza cun excelente escaparate que achega prestixio ás súas propostas. Para afirmar con tanta... Ler máis
ESA SENSACIÓN, de Juan Cavestany, Julián Génisson e Pablo Hernando
Un fillo espía a seu pai mentres este atravesa unha crise de fe, unha muller sinte unha atración incontrolable por obxectos diversos (unha escaleira, un parquímetro…), un virus ataca ás persoas e fai que digan cousas sen pensar. Estas tres frases son a única explicación que se lle pode dar a un filme que non responde a ningunha lóxica ou arco dramático tradicional. Esa Sensación (2015) é unha labazada directa ao espectador e un soplo de aire fresco que entra a... Ler máis
SEFF 2015: AS CATRO ONDAS QUE DEVIRON EN TSUNAMI
O festival de Sevilla caracterizouse nos últimos anos pola súa aposta por un cinema experimental de difícil acceso e necesaria reivindicación. Gunvor Nelson, Heinz Emigholz ou Peter Tscherkassky foron froito de varios dos ciclos das tres últimas edicións, así coma o pasado ano se dedicaba unha sesión ao cinema de vangarda austriaco. Non obstante, os programadores non tiveran a valentía ata o momento de incluír en seccións competitivas este tipo de pezas, privándonos... Ler máis