(S8) Mostra de Cinema Periférico 2024: Á espera dunha imaxe

Turin, de Rhayne Vermette (2015) Unha casa é as ruínas dunha casa, / unha cousa ameazadora á espera dunha palabra. Ao longo da semana, mentres seguía os programas da (S8) Mostra de Cinema Periférico desde a penumbra da miña habitación —outro ano que non me puiden achegar á Coruña, outro ano que perdín a dimensión importantísima da materialidade das películas—, estiven relendo o poeta portugués Manuel António Pina. Substitúo palabra por imaxe e tomo estes versos... Ler máis

“MÁIS QUE UN CINEASTA, SON UN CAMARÓGRAFO E UN OPERADOR DE PROXECCIÓN”

A (S8) Mostra de Cinema Periférico permitiunos este ano descubrir a figura de Claudio Caldini (Bos Aires, 1952), unha das principais voces do cinema experimental arxentino, reivindicado non fai moito no seu país e, de alí, ao mundo. O que máis impactou nestas sesións foi quizais a capacidade do artista para dotar de múltiples lecturas as súas películas, proxectándoas en ocasións en forma de tríptico ou superpostas. Unha experiencia sensorial que deixou a moitos “mesmerizados”. Da... Ler máis

(S8) 2013: CONDENSAR, MEDRAR

Nunha mostra na que o carácter performativo das sesións é o principal atractivo, a intervención no espazo resulta fundamental. Por iso as dúas primeiras edicións do (S8) Mostra de Cinema Periférico, celebradas no antigo cárcere d’A Coruña, tiveron algo máxico ou romántico, con certo pouso político. O pasado ano, o evento trasladouse forzosamente ao Centro Ágora, moi lonxe do centro da cidade, mal comunicado; edificio gris e sen personalidade, que restou impacto... Ler máis