LAS LETRAS DE JORDI, de Maider Fernández Iriarte
Comezar falando dunha película coma unha pequena fiestra que nos amosa anacos dun mundo máis ou menos grande, podería parecer unha valoración manida ou pouco ousada. Despois de todo, o cine sempre foi unha porta a novas realidades. Sen embargo é a definición que máis xustiza lle fai ao que nos poderemos atopar en Las letras de Jordi, a ópera prima da directora vasca Maider Fernández Iriarte. Da man da cineasta e a súa cámara, imos entrando pouco a pouco no mundo de... Ler máis
¡SHHHH!
Desde o gag primixenio de L’arroseur arrosé (Louis Lumière, 1895) ata Berto Romero mirando a cámara cun traxe de captura de movementos sobre un croma en Algo muy gordo (Carlo Padial, 2017), o humor significouse coma unha continua fuxida cara adiante. Sempre xogando coas convencións do propio xénero, a comedia está a revelarse hoxe en día como un dos campos máis produtivos para explorar novas formas, narrativas e estilos. Neste punto, a comedia non necesita discursos... Ler máis
PUNTO DE VISTA 2016: DA PALABRA E O XESTO
Xa comentamos o pasado ano que Punto de Vista segue a ser un festival de compromiso político, escorado cara terreos de carácter máis poético dende que Oskar Alegría tomou a dirección artística. Retrospectivas como a de Margaret Tait na anterior edición, ou a de Jean-Daniel Pollet nesta ocasión, evidencian esa querenza. Pero é na sección oficial onde se toma o pulso a un certame. Comprobamos que, neste caso, existe un profundo vínculo de espírito entre esta e as paralelas. O... Ler máis