STEFANO SAVONA: “VOLVO A ATOPARME NA SITUACIÓN DE PREGUNTARME COMO CONTAR A DOR”
Stefano Savona (Sicilia, 1969) estrea nas salas de cinema La Familia Samuni (2018). A súa crónica íntima da guerra en Gaza, que xa iniciara con Cast Lead (2009), culmina con este último filme: un relato de resistencia e esperanza co seu rostro máis humano. Falamos con el en plena rodaxe da súa seguinte obra. Gustaríame comezar polo principio, preguntándoche polos protagonistas. Por que escolles a esta familia e as súas historias? Creo que a resposta máis sinxela é... Ler máis
LA FAMILIA SAMUNI, de Stefano Savona
Se vivir na devastación é minimamente reproducible mediante o cinema, La familia Samuni achéganos á experiencia coa alquimia do real, a animación e as recreacións de gravacións con drone dos ataques militares. Insensibilizados polo anonimato das imaxes que se adoitamos ver nos medios de comunicación sobre o conflito palestino-israelí, desprendidos da realidade e regados de cascallos, durante o visionado do filme relacionámonos coas vítimas da familia Samuni. Convivimos... Ler máis
LONDON FILM FESTIVAL 2014 (II / III): ISRAEL, O OUTRO COMO REFLEXO DUN MESMO
A nosa primeira crónica do London Film Festival xa anticipaba que o enfrontamento secular entre israelís e palestinos tivera unha importante presenza na programación deste ano: a metade da produción procedente de Israel detívose nesta cuestión, mentres que a outra metade concentrouse en temas menos candentes, deixando de lado este debate para mergullarse na vida cotián israelí. Este sería o caso de Gett – The Trial of Viviane Amsalem (Ronit & Shlomi Elkabetz, 2014),... Ler máis
DOC LISBOA 2014: A HISTORIA VIVA DO CINEMA (I/II)
É posible que esteamos a vivir un cambio de paradigma político a nivel internacional, e non sabemos que resultados terá. Moitos cineastas parecen intuílo e, dende o rexistro urxente, están a documentar estes cambios dificilmente definibles. O ano 2014 está a ser especialmente rico neste eido, e o Doc Lisboa soubo verdadeiramente identificar este pulso. É unha tendencia que mira tamén ao pasado, pois a historia pode ensinarnos moito das turbulencias da actualidade política.... Ler máis
LE FILS DE L’AUTRE, de Lorraine Lèvy
23 de xaneiro de 1991. Unha data que marcará para sempre as vidas das familias protagonistas desta historia. Dúas familias separadas por unha fronteira case infranqueable, mais unidas por un vínculo moito máis forte. Joseph (Jules Sitruk) é xudeu e quere ser músico, Yacine (Mehdi Dehbi) é musulmán e soña con estudar medicina e construír un hospital na súa terra natal. Lorraine Lèvy pon de relevo o conflito palestino-israelí a través da historia de dous rapaces nados... Ler máis