Punto de Vista 2024: Lazos que unen

Retrato de Mondongo, Mariano Llinás O título desta crónica parécenos máis obvio e inevitable que nunca. Lazos que unen non era só o nome do foco dedicado á brillante cineasta estadounidense Su Friedrich –tomado á súa vez dunha das súas obras máis emblemáticas e conmovedoras, The Ties That Bind (1985)–, senón tamén unha boa síntese dos motivos que nos devolven, e xa van uns cantos anos, a Pamplona no mes de marzo. Do 11 ao 16, fiel á súa filosofía de elaborar... Ler máis

Carlos Pardo Ros: “Entendo o cine como unha forma de traballo comunitario”

O 12 de xullo de 1969, en plenos Sanfermines, un touro matou a H dunha cornada no corazón. H era o tío de Carlos Pardo Ros, e o relato, unha desas narracións familiares que se escoitan unha e outra vez até chegarnos completamente alteradas segundo a versión. Hoxe, Carlos traslada ao cine aquela noite pamplonesa para convertela nunha historia contemporánea de pantasmas e existencialismos, onde a misteriosa figura daquel home multiplícase e desvanécese na escuridade. Con... Ler máis

Punto de Vista 2022: Sección Oficial

Evangelio Mayor, de Javier Codesal Asimilar a importancia do herdado e cimentar o seu traballo no camiño xa percorrido. Con esas intencións encaraba o seu labor o equipo comandado por Manuel Asín, novo director artístico da que por méritos propios cabe situar entre as citas máis senlleiras do panorama do cine documental europeo. Este décimo sexto Punto de Vista convocábanos en Pamplona cun aire de balsámica renovación, e non tanto polo mencionado cambio de ciclo ao mando... Ler máis

Punto de Vista 2021: O cinema como espazo de encontro

A décimo quinta edición do Punto de Vista, Festival Internacional de Cine Documental de Navarra, fixo de Pamplona, durante os seis días que van do 15 ao 20 de marzo, unha das principais referencias mundiais do cinema de non-ficción máis vangardista, experimental e atrevido. A presente edición, á que concorreron na súa sección oficial un total de 32 filmes (26 curtametraxes e 6 longametraxes) procedentes de 20 países diferentes, foi especial en diversos sentidos. En... Ler máis

María Cañas: “Estou comprometida coa idea de cultura colectiva”

Logo de triunfar na pasada edición do festival Punto de Vista, alzándose co premio da sección X Films, María Cañas (Sevilla, 1972) volve a Pamplona para amosar os froitos deste galardón, destinado á produción dunha obra desenvolvida en Navarra. Desde A Cuarta Parede temos a sorte de volver a sentarnos con ela para facer un repaso aos seus últimos proxectos, a súa visita ao festival e as recentes polémicas nas que se viu envolta. Guerrilleira, irreverente, surrealista. Caníbal... Ler máis

PUNTO DE VISTA 2018: SECCIÓN OFICIAL (2)

A continuación completamos a nosa crónica da Sección Oficial do Festival Punto de Vista 2018, que se celebrou en Pamplona entre os días 5 e 10 de marzo. A última edición do encontro navarro, cita obrigada para todos os amantes do cinema documental máis audaz e vangardista, estivo marcada pola renovación do seu equipo técnico e artístico. Na publicación anterior reseñamos algunhas das obras programadas este ano, que por primeira vez contou cunha maioría de directoras... Ler máis

PUNTO DE VISTA 2018: SECCIÓN OFICIAL (1)

O Festival Internacional de Cine Documental de Navarra celebrou este ano a súa 12ª edición, reafirmando a súa aposta por un formato de non-ficción en sintonía coas correntes vangardistas e o cinema experimental. Unha das novidades máis destacables desta edición foi a renovación do equipo técnico do certame, con Garbiñe Ortega como nova directora artística. Comunidade, correspondencias, expansión, resistencia, feminismo… Son tan só algúns dos conceptos que... Ler máis

REIVINDICANDO A ANTONIO MAENZA, O CINEASTA, NON O MALDITO

Intentaremos non repetir todo o xa dito sobre Maenza ao longo deste texto, é dicir, intentar fuxir de todos os clixés xa consabidos e preexistentes que existen sobre a figura do cineasta turolense. Aínda que por desgraza descoñecido para a maioría do público, tanto xeralista como máis especializado, sen lugar a dúbidas o adxectivo que acompaña o nome de Antonio Maenza é o de maldito. Ese “malditismo maenziano” é o que, dun modo casi marxista, imos intentar erradicar... Ler máis

PUNTO DE VISTA 2015: CADA FILME, UN VERSO; CADA CICLO, UNHA ESTROFA

“No puedo decir noche, decir lágrima, echar al vuelo la paloma de su nombre en los tejados de París, repetir su murmullo de colmena, ser en sus dulces sílabas el viento y la campana, porque también estás ahí con tus mastines y tus águilas, única realidad de tanto olvido y tanto tiempo, el amor con su risa de mármol contra el cielo, su sexo cenital y su nocturna espalda”. De Naufragios en la isla, de Julio Cortázar ‘Comme des lions de pierre à l’entrée... Ler máis