Dúo, de Meritxell Colell
A VIAXE DA CINEASTA / A VIAXE DA COREÓGRAFA En 2018 Meritxell Colell asinou unha das óperas primas españolas da tempada, Con el viento. Nesta traballou coa coreógrafa Mónica García nunha historia que a seguía dende Bos Aires, o seu lugar de traballo e residencia, ata as súas orixes nunha vila de Burgos, practicamente abandonada, á que acudía pola morte de seu pai. Alí atopábase coa súa nai e, coa axuda das súas irmás, axudábaa a vender a casa familiar. Era unha... Ler máis
ELS DIES QUE VINDRAN, de Carlos Marqués-Marcet
© Avalon No ano 2014, o realizador catalán Carlos Marqués-Marcet presentaba a súa primeira longametraxe: 10.000 km, unha cinta sinxela pero sorprendentemente lúcida sobre unha relación de parella a distancia (baseada nunha experiencia persoal do director). A película alzouse como a gran triunfadora no Festival de Málaga dese mesmo ano, e Marqués-Marcet recibía pouco despois o premio Goya ao mellor cineasta novel, converténdose inmediatamente nun nome a seguir dentro... Ler máis
CARLOS MARQUÉS-MARCET: “CREO QUE HAI QUE ATOPAR UN ESPAZO PARA TODO TIPO DE CINEMA”
Carlos Marqués-Marcet © Oscar Fernandez Orengo Carlos Marqués-Marcet (Barcelona, 1983) acaba de presentar a súa última longametraxe, Els dies que vindran, na Competición Oficial do Festival de Cine de Róterdam (podes ler a nosa crónica completa aquí). Graduado en Comunicación Audiovisual pola Universidade Pompeu Fabra, Marqués-Marcet cursou un máster en dirección cinematográfica en Los Angeles e traballou durante anos como montador de cine e televisión. A súa ópera... Ler máis
PUNTO DE VISTA 2017: A FAMILIA BEN, GRAZAS
O retrato familiar foi un dos xéneros máis presentes na sección oficial desta última edición do festival navarro. The Host (Miranda Pennell, 2015), Gran Premio Punto de Vista deste ano, fala, sen ir máis lonxe, da explotación británica do petróleo iraniano a partir da experiencia persoal da súa directora, que viviu parte da súa infancia no Irán dos anos cincuenta e sesenta como filla dun alto executivo da compañía British Petroleum (BP). O filme, composto case exclusivamente... Ler máis
PHOENIX, de Christian Petzold
Nós non vimos ren en Berlín, en 1945. Non estabamos aló. Non naceramos sequera. Mais si que vimos Die Mörder sind unter uns (Wolfgang Staudte, 1946), Berlin Express (Jacques Tourneur, 1948) e Germania anno zero (Roberto Rossellini, 1948), entroutros trümmerfilm, filmes das ruínas rodados en pleno entullo da posguerra. Vimos a súa reconstrución, nada compracente, en Die Ehe der Maria Braun (Rainer Werner Fassbinder, 1979) e Europa (Lars von Trier, 1991). Vimos como volvía... Ler máis
ADIEU AU LANGAGE, de Jean-Luc Godard
A era da comunicación non garante o contacto. David Refoyo, Amor.txt. Non vemos máis que imaxes por todas partes, mais non ves unha soa imaxe que che fale. Jean-Luc Godard O animal estaría en última estancia privado da palabra, desa palabra que se denomina nome. Jacques Derrida. A utopía da linguaxe paratáctico Quizais xa ninguén se lembre, mais en Film Socialisme (Jean-Luc Godard, 2010), “ese filme que tentaba liberar as cousas do nome que lles puxemos”, xa estaban... Ler máis
JUNTOS, de Nicolás Pereda
O cine do realizador mexicano Nicolás Pereda caracterízase por un gusto pola repetición que se estende ao longo de toda a súa obra, así como por unha tendencia a fuxir dos xéneros habituais do cinema de non-ficción. A simple vista, a súa obra non semella achegada á caste de documental que se exhibe no Festival Play-Doc de Tui. É mais, o propio director mesmo recoñeceu que el non diferencia entre a ficción e o documental, posto que en ocasións a verdade se agocha... Ler máis
LA VIE D’ADÈLE, de Abdellatif Kechiche
Quinta longametraxe do cineasta franco-tunisiano Abdellatif Kechiche, La vie d’Adèle (2013) está baseada na novela gráfica Le bleu est une couleur chaude da debuxante francesa Julie Maroh (2010). Deste relato, porén, o director só toma aquilo que lle interesa, dirixindo a súa atención cara algo completamente diferente: rexeita a militancia homosexual do orixinal para centrarse exclusivamente no espertar sexual de Adèle -Clementine na novela gráfica- e nos seus... Ler máis
BEFORE MIDNIGHT, de Richard Linklater
As regras mudaron. Julie Delpy, Ethan Hawke e Richard Linklater retoman unha vez máis os personaxes que levan xa un par de décadas desenvolvendo, mais desta volta o romanticismo das dúas primeiras entregas da saga deixa paso a un ton máis agre, onde xa non hai sedución senón discusión. Aos seus corenta anos, Jesse e Céline convertéronse definitivamente nunha parella estábel: na primeira escena do filme, un plano secuencia virtuoso revélanos que estes dous personaxes... Ler máis